HomePolíticaMáis fondos para mantemento de camiños rurais reclama o PP de Monforte

Máis fondos para mantemento de camiños rurais reclama o PP de Monforte

O PP de Monforte defenderá no pleno que se aumente o crédito destinado á mellora e conservación dos camiños rurais e que se elabore un plan de conservación de camiños rurais para as parroquias de Monforte que contemple actuación de limpeza de cunetas, reparacións e parcheos máis frecuentes e mesmo en anos con climatoloxía favorable para o desenvolvemento herbáceo se intensifiquen os traballos de desbroce.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os camiños rurais, explican desde o PP; son esenciais para vertebrar e conectar núcleos de poboación pequenos e facilitar os desprazamentos dos seus veciños, así como facilitar o paso de maquinaria no entorno rural favorecendo unha maior axilidade das operacións agrarias e dos desprazamentos entre parcelas.

O concelleiro popular, Emilio Iván Vázquez, considera fundamental garantir o correcto estado destas infraestruturas por ser as únicas vías de comunicación para os veciños destes núcleos, “Pero no Concello de Monforte o estado de conservación destes camiños rurais é moi mellorable. A base principal para ter unhas vías en boas condicións durante máis tempo é realizar o correcto mantemento destes camiños, cunhas gabias limpas e con capacidade suficiente para manter drenada a capa de rodadura do camiño”, explicou.

“Somos conscientes que as características climáticas da nosa comarca unido a falla de actuacións de conservación nos viais das parroquias orixinan que as gabias dos nosos camiños se atopen taponadas de terra e mesmo en algúns punto sexan inexistentes e que sexa necesario realizar desbroces máis continuados e intensificar as actuacións de conservación da nosa rede viaria”, algo para o que, no caso de ser necesario, “hai que aumentar o orzamento destinado a este fin”.

Neste senso, a voceira popular, Katy Varela, sinala que analizando os orzamentos do concello de Monforte para este ano, constátase que o programa 454 de camiños veciñais dispón de 72.000€ de crédito dun total de 16.380.335,94 de orzamento total do Concello. “O Concello de Monforte soamente dedica á conservación de camiños rurais o 0,5%”, explicou.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...