HomeCulturaXosé Estévez presenta o 24 de xullo en Quiroga o seu novo...

Xosé Estévez presenta o 24 de xullo en Quiroga o seu novo libro “Manuel María e o Val de Quiroga”

Neste novo libro Xosé Estévez recolle cartas e publicacións de Manuel María e fala sobre a súa vinculación con Quiroga. En palabras do propio autor “trátase dun trío entre Manuel María, Quiroga e eu mesmo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O historiador e profesor quirogués, Xosé Estévez, presentará o vindeiro mércores, 24 de xullo, o seu novo libro Manuel María e o Val de Quiroga”. Esta actividade organizada dende a Concellería de Cultura do Concello de Quiroga terá lugar na casa da cultura a partir das 19:00h.

Xosé Estévez é autor de máis dunha ducia de libros e coautor de case medio cento, ademais de ser escritor incansable de artigos periodísticos e participar en conferencias, congresos e simposios.

A súa profunda amizade con Manuel María fai que posúa numerosos escritos enviados polo autor de Sonetos ao Val de Quiroga. Obra que escribiu pola insistencia de Estévez e da que lle enviou unha copia antes da súa publicación para que lle fixese o limiar.

Xosé Estévez é Diplomado en Estudios Eclesiásticos, Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid. Doutor en Filosofía y Letras por la Universidad Deusto, da que foi profesor durante moitos anos; pero sobre todo é un gran historiador de Quiroga. A través dos seus escritos coñecemos lugares e personaxes, moitos deles desaparecidos, que nos dan unha visión da Quiroga dos anos 70 é tamén de importantes persoas vinculadas nalgún momento con Quiroga como puido ser Vicente Vázquez Queipo, inventor das táboas dos logaritmos, e que participou en París na unificación da métrica como hoxe a coñecemos. Xosé Estévez é un incansable estudoso da nosa historia e fiel seguidor da crenza de que “non se ama o que non se coñece”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...