HomesociedadeDo 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

Artelemos desenvolverase na rúa Cardenal de Monforte do 5 ó 10 de agosto, coa participación de 30 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, e de diferentes puntos de Galicia e de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da XXIV Mostra de artesanía Artelemos 2022, que se celebrará en Monforte do 5 ó 10 de agosto na rúa Cardenal, e “sendo, como cada ano, a antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do noso Programa Cultural de Verán, abrindo o mes de agosto con este recoñecemento e promoción dos nosos artesáns”, explica o alcalde.

Contarase con 30 artesáns, 25 chegados de diferentes puntos de Galicia; e de España, 2 de León, outros 2 de Murcia e 1 de Toledo. Ademais dos que chegan da Ribeira Sacra, 2 de Monforte de Lemos, 2 de Sober, 2 da Pobra de Brollón, 1 de Taboada e 1 de Quiroga.

Coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de exposición e venda individuais. A maiores colocarase unha carpa do Concello, como espazo destinado á realización de obradoiros e demostracións de oficios.

Todos os postos contarán con tarima, iluminación e rotulación promocional de cada un deles. Para asegurar os produtos expostos, a mostra contará con vixilancia, nas súas horas de peche, tanto ó mediodía, como pola noite, e ata a hora de apertura ó día seguinte. O horario durante os 5 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas.

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais. “Con esta Mostra”, sinala o Alcalde, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: como ourivaría, cestería, coiro, vidro, olería de Gundivós, cerámica, papel e madeira, entre outras. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

Na Mostra, que será inaugurada o luns, 5 de agosto, ás 13:00h e coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, ademais dos 30 stands adicados á artesanía, poderase ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ao longo dos días de duración do evento.

Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día. Estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente. 

O Alcalde concluíu a súa intervención animando a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 24ª edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade. Porque apostar polos artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...