HomesociedadeA Valedora admite unha queixa por ignorar o Concello de Monforte máis...

A Valedora admite unha queixa por ignorar o Concello de Monforte máis de 8 meses a un aspirante

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) fai público que a Valedora do Pobo admitiu a trámite unha queixa porque o concello de Monforte de Lemos leva máis de 8 meses ignorando ao responsable de Administración Local en Galicia, Juan Esteban Méndez Leiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde FAC-USO que o 13/10/2023 convocouse un proceso selectivo para unha praza interina de Técnico de Administración Xeral (ETIQUETA), concedendo un prazo de 10 días hábiles para a presentación de instancias.

Como xa fixera o interesado o 08/09/2022, nunha convocatoria anterior; o 27/10/2023 (último día do prazo), “transferiu 28,31 euros, en concepto de taxas, á conta corrente que figuraba nas bases e rexistrou, de maneira telemática, a súa solicitude”.

O venres 03/11/2023, Monforte de Lemos publicou, nun primeiro anuncio, a lista definitiva de admitidos (e non figuraba excluído ningún aspirante), a convocatoria do Tribunal e dos aspirantes admitidos, para o luns 06/11/2023, ás 10:00 horas, publicando, nun segundo anuncio, ademais de todo o anterior, o nomeamento do Tribunal, no que tivo lugar o primeiro exercicio, “ao que non puido asistir, dado que non figuraba nin admitido, nin excluído”, explican.

O luns 11/12/2023 este representante sindical remitiu un escrito dirixido ao Concello monfortino, instando que se lle dese acceso ao expediente e, ao mesmo tempo, se procedese á revisión de oficio do proceso selectivo da praza de ETIQUETA.

“Máis de 8 meses despois de pagar as taxas e ter presentado a súa solicitude ninguén se puxo en contacto con devandito sindicalista, polo que non queremos pensar que a omisión sexa debida a que, como responsable do sector de Administración Local en Galicia, defenda os dereitos dos seus compañeiros e afiliados, xa sexa denunciando que Monforte de Lemos non delegase os procesos selectivos da Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), xa sexa apoiando e, nalgunha ocasión, secundando as protestas dos bombeiros dos parques comarcais de Galicia, sendo Lugo o único consorcio que non os incorporou, a día de hoxe, ao persoal da deputación provincial”, asegura o sindicato.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte pedirá en pleno iniciar os trámites para contar cun PXOM actualizado á normativa vixente

A voceira municipal do PP, Katy Varela, sinala que o Concello de Monforte de...

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...