HomesociedadeMonforte cada vez mellor iluminado

Monforte cada vez mellor iluminado

Dotarase de melloras na iluminación pública o paseo fluvial, dende o Parque dos Condes ata o futuro parque de Cobas; a Praza Luis de Góngora, ó carón do Parador de Turismo; e o estacionamento do Parque dos Condes de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Novos proxectos para mellorar a iluminación pública de Monforte. Estes traballos realizaranse no paseo fluvial, dende o Parque dos Condes ata o futuro parque de Cobas; a Praza Luis de Góngora, ó carón do Parador de Turismo; e o estacionamento do Parque dos Condes. Estes tres proxectos suman un investimento de 77.309 euros.

No paseo fluvial, vanse instalar 28 farolas LED, que se situarán na marxe dereita do paseo, en sentido Monforte-Piñeira. Concretamente, 24 deses puntos de luz vanse instalar en liña e outros 4 instalaranse nas pontes sobre o río Cabe.

O custe desta obra ascende a 29.600 euros e foi adxudicada á empresa Santos Héctor S.L. A previsión para realizar as obras será entre os meses de decembro e xaneiro do vindeiro ano.

A praza Luis de Góngora carece de iluminación pública. A única luz en servizo está na fachada do Palacio Condal, e pertence ó Parador de Turismo. Cando se realizaron as obras, instalaron 4 báculos e 2 farolas, pero sen instalación eléctrica. Para poder dotar este espazo de luz pública, vai ser preciso levantar o pavimento das baldosas de pedra para que os operarios poidan instalar a canalización necesaria e as arquetas.

Este proxecto ten un custe de 10.339 euros, e foi adxudicado á empresa Intelga Mundoor S.L. A previsión é que as obras darán comecen a finais de decembro.

No estacionamento do Parque dos Condes instalaranse 16 proxectores led. Tamén se instalará un novo cadro de mando así como de novos postes metálicos de 12 metros de altura. Os novos equipos de iluminación incorporan tecnoloxía LED, de alta eficacia enerxética; ademais, o sistema de encendido incorpora un programador que permitirá unha redución progresiva do consumo de ata o 50%.

O custe desta obra ascende a 37.370 euros e foi adxudicada a Raúl e Hijos S.L. tamén de Monforte, debendo executar as obras entre decembro e xaneiro de 2019.

 

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...