HomesociedadeNovidosas sinalizacións lumínicas para pasos de cebra no Concello de Monforte

Novidosas sinalizacións lumínicas para pasos de cebra no Concello de Monforte

A posta en marcha desta mellora de seguridade viaria en todos os pasos de peóns que non teñen regulación por semáforos na cidade porase en funcionamento mañá venres 26 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de presentar a mellora viaria, con sinalizacións lumínicas en pasos de peóns non regulados por semáforos, que empezará a funcionar o 26 de xullo co acendido das 42 novas farolas ubicadas en 32 puntos estando tamén operativos xa dende semanas atrás os 1.800 catadióptricos instalados nos 340 pasos de cebra da cidade.  

“Trátase dun novo servizo para a cidade moi novidoso, pois non coñecemos outra cidade que o teña, o cal combina iluminación con farolas e catadióptricos, e que contribuirá a que estes pasos de cebra sexan máis visibles e estean mellor sinalizados”, indicou o rexedor municipal sinalando tamén que “para levar a cabo esta mellora, nos pasos que non contan con regulación mediante semáforos, procedemos á colocación de farolas fronte aos pasos de cebra, para que se vexan mellor os peóns e tamén se sinalizaron luminicamente estes pasos co obxectivo de que os condutores teñan unha maior visualización, tanto dos propios pasos de peóns como da xente que os cruza”.

Unha das sinalizacións lumínicas nun paso de peóns da Rúa Corredoira / XdL

En concreto, colocáronse 42 farolas novas en 32 pasos de peóns, nos que a Policía Local determinou que son os máis transitados da cidade, e que se relacionan a continuación: Rúa Morín-Residencia (1), Rúa Coruña-Dr Casares (1), Rúa Dr Casares-Club Fluvial (2), Rúa Calvo Sotelo–Estación (2), Rúa San Pedro-Instituto (2), Circunvalación- Multiusos (1), Rúa Corredoira-Circunvalación (2), Hospital (1), Rúa Chantada-Hórreo Fesport (2), Rúa Chantada-Hórreo Gasolineira (1), Rúa Chantada-Gadis (1), Malecón-C. Social-Residencia (1), Ponte Nova-Breogán (1), Rúa Ourense-Asmédica (2), Pinguela Instituto (1), Rúa Conde-Correo (1), Compañía-Cristal (1), Compañía-Carritos (1), Compañía-JM (1), Paseo Lugo-Parque (1), Rúa Benito Vicetto-Supermercado Día (1), Rúa Benito Vicetto Vivendas (1), Entrada Aparcamento Parque Condes (1), Rúa Ourense-Vivendas Sociais (2), Rúa Roberto Baamonde-fronte Librería Contos (1), Rúa Reboredo-Carnicería Víctor Manuel (2), Rúa Dr. Casares-Daviña Rei (1), Rúa Carude-Agora (1), Rúa Ourense-Cervexería (1), Rúa Hortas-Ponte Vella (1), Rúa Roberto Baamonde-Inés de Castro (2), Rúa Chantada-Lidl (2).

Finalmente, o Alcalde subliña que “a seguridade vial é un aspecto fundamental para o Equipo de Goberno e por iso decidín incluír dentro do proxecto de mellora da iluminación pública global deste Concello, un apartado que ten que ver coa seguridade, precisamente co tráfico”. Esta preocupación pola seguridade viaria e a redución de atropelos do equipo de Goberno tradúcese, ademais da presentación e posta en marcha da iluminacion con farolas dos pasos de peóns máis perigosos e non regulados por semáforos, na colocación días atrás dos catadióptricos e no pintado de todas as sinais viarias das rúas, en anos alternos, e os pasos de cebra, todos os anos.

INVESTIMENTO

O investimento nas novas luminarias coma nos catadióptricos ascendeu a 85.000 €, IVE incluído, no que respecta aos materiais, sen contar o custe da man de obra. En concreto, a partida destinada ás farolas dos pasos de peóns ascende a 80.493€ e ós catadióptricos supoñen 4.507€.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...