HomeCulturaProgramación de concertos de agosto en Las Vegas de San Clodio

Programación de concertos de agosto en Las Vegas de San Clodio

O establecemento Las Vegas de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, vén de presentar o seu cartel de agosto con 4 concertos de música en directo na terraza: dous deles en sesión nocturna, e dous en sesión vermú.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois do éxito de público no pasado mes de xullo, Las Vegas afronta o mes grande dos veraneantes -agosto- cunha variada oferta musical, intentando ademais encaixar os concertos fóra das festas de Quiroga e de San Clodio, ambas a celebrar nas primeiras semanas deste mes.

Abre o telón de agosto, este sábado, 3 de agosto ás 23:00 h. o grupo Los Rayitos, catro músicos compoñentes do grupo local de moda este verán, “Mario Colomán & Clocksband”. 

O seguinte concerto será xa o 18 de agosto. Domingo, e en sesión vermú ás 13:30 h., amenizará a terraza Blanco e Negro, un dueto de rumbas con Víctor Movilla á guitarra. 

Para rematar o Ciclo de concertos de verán, A Pista (terraza de Las Vegas) vivirá unha completa xornada o 31 de agosto. “Será unha fin de festa brutal, como se merece o público e a nosa clientela”, comenta Elena, a xerente e promotora da programación. En sesión vermú ás 13:30 h. estarán os GIN TONI’S, grupo de referencia do pop-rock nacional dos 80-90 en Galicia; e en sesión de noite, ás 23:00 h. estará a banda de rock de Coruña, The Cruze: unha homenaxe aos temas máis recoñecidos e recoñecibles do rock dos 60 aos 2000. 

Todos os concertos son de balde.

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...