HomesociedadeComezou 'Artesanía de Galicia no Courel'

Comezou ‘Artesanía de Galicia no Courel’

Do 7 ao 11 de agosto os visitantes que se acheguen a Folgoso do Courel poderán participar nos 9 obradoiros gratuítos e abertos para todos os públicos que están programados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaban o mércores 7 de agosto na primeira das xornadas da iniciativa Artesanía de Galicia no Courel, impulsada pola Xunta por cuarto ano consecutivo en Folgoso do Courel. O obxectivo desta acción é achegar ao público as técnicas artesanais e os valores que implica o feito á man, ademais de impulsar e consolidar a marca Artesanía de Galicia.

Artesanía de Galicia no Courel é un evento centrado exclusivamente na divulgación dos oficios artesanais e conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Fundación Uxío Novoneyra. Durante a súa visita, estiveron acompañados pola alcaldesa, Lola Castro.

ORADOIROS E FORMACIÓNS

Ata o domingo 11 de agosto os visitantes que se acheguen a esta localidade poderán participar nos 9 obradoiros gratuítos e abertos para todos os públicos que están programados. No Centro Sociocultural Fondo de Vila celebraranse en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas as actividades de olería, tecido tradicional e estampaxe. Durante os cinco días do evento celebrarase un obradoiro para amosar a Técnica de Felpado ou gorullo, impartido por Lourdes Otero, de Fusaiola; e o ceramista Carlos San Claudio será o encargado de impartir o obradoiro de “Iniciación ao torno cerámico”.

Sandra Betanzos, de Amor ó Teu, impartirá un obradoiro diferente cada un dos días. O mércores 7 foi o de Estampaxe de postais con selos; este xoves é o de Estampaxe de xeométricos en avionetas de goma eva; o venres 9, o de Estampaxe de patrón de repetición con goma eva en rodete; o sábado 10 amosará Estampaxe de papel e téxtil e manualidade de medusa; e o domingo 11, será a quenda da Estampaxe de cadernos con selos.

Na Fundación Uxío Novoneyra terán lugar dous obradoiros impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop, en horario de 11:00 a 13:30h e de 16:00 a 18:00h. Do 7 ao 9 de agosto terá lugar o obradoiro de Iniciación ao traballo con coiro e os días 10 e 11 de agosto impartirán un obradoiro de Decoración de louza. Todos estes obradoiros teñen carácter gratuíto e non requiren inscrición previa.

Autoridades da Xunta e do Concello de Folgoso do Courel co cartel da actividade. Foto: Prensa Xunta de Galicia.

A programación de Artesanía de Galicia no Courel inclúe tamén sete cursos de iniciación a diferentes oficios como a ourivería, a cestería, o téxtil ou a carpintería, para os que se requiría inscrición previa. Na Antiga Escola Unitaria de Parada desenvolveranse o curso de Iniciación á ourivería, impartido pola ourive Susi Gesto, que durará os cinco días do evento. Na Carbiña terán lugar dous cursos de cestería, impartidos por de Julia de la Cal, de La Parabólica – Paxes revisitados, do 7 ao 9 de agosto, e Cesta Niño, os días 10 e 11 de agosto – e dous cursos de tecido ás agullas a cargo de Lola García, de Logaro: un sobre a Técnica do Nalbinding, do 7 ao 9 de agosto, e outro de iniciación da forquita con gancho, os días 10 e 11.

Por último, na Fundación Uxío Novoneyra, o artesán Rodrigo Mosquera, de Tresoficios, dirixirá un curso de Técnicas de Carpintería con alternativa para dous grupos diferentes: un do 7 ao 9 de agosto e outro que se concentrará na fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11.

Para consultar prazas dispoñibles nos obradoiros consultar a seguinte páxina web: https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...