HomeCulturaChantada celebra Cine no Cantón do 12 ao 14 de agosto

Chantada celebra Cine no Cantón do 12 ao 14 de agosto

O Concello de Chantada presentaba este xoves a programación das Festas Patronais na honra á Virxe do Carme, que se celebrarán entre o 22 e o 27 de agosto. A celebración das Festas forma parte das actividades do Verán Cultural 2024 en Chantada, que recolle unha ampla programación cultural e de lecer durante xullo e agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como prólogo ás Festas Patronais dentro do Verán Cultural do Concello de Chantada contarase con Cine no Cantón e a Mostra de Teatro Maruxa Villanueva. Citas que cada ano reúnen a familias e grupos de amigos de distintas idades para desfrutar de varios días de cultura na rúa.

Cine no Cantón propón películas de balde para todos os públicos, desde as 22:30h na Praza do Cantón. Proxectaranse os seguintes títulos:

  • Luns, 12 de agosto, ¡Vaya Vacaciones!
  • Martes, 13 de agosto, Ruby, Aventuras de una kraken adolescente. Repartiranse flocos de millo ás persoas asistentes
  • Mércores, 14 de agosto, + Cuñados

Tamén antes das Festas Patronais terá lugar o show infantil Circo Tour. A cita segue sendo na Praza do Cantón ás 20:00h, neste caso do día 17 de agosto. Pola súa banda a Mostra de Teatro Maruxa Villanueva que organiza o centro teatral Faro Miño coa colaboración do Concello de Chantada, terá lugar entre o 19 e o 21 de agosto. As citas serán tamén na Praza do Cantón, neste caso ás 22:00h. coa seguinte axenda:

  • Luns, 19 de agosto, Dar Trela Teatro porá en escea a obra “Sala de Festas o Halcón Voador”.
  • Martes, 20 de agosto, Centro Teatral Faro Miño de Chantada representará a obra “Intelixencia Artesanal”.
  • Mércores, 21 de agosto, Ibuprofeno Teatro porá en escea a obra “O Furancho”.

Despois das Festas Patronais queda unha última cita co Verán Cultural, o 31 de agosto actuará a Agrupación Artística Bohemios, na Praza do Cantón ás 20:00h.

“Co Verán Cultural tentamos ofrecer unha programación para todos os públicos, especialmente pensada para pasar en familia; propostas de lecer que inclúen música, humor, cine, teatro,… para despedir as xornadas de verán nese espazo de reunión que é a Praza do Cantón”, sinala o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...