HomeEconomíaA D.O. Ribeira Sacra busca solucións aos excedentes de viño

A D.O. Ribeira Sacra busca solucións aos excedentes de viño

Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño; e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuníronse esta semana en San Caetano con representantes dos consellos reguladores do Ribeiro e da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que veñen mantendo os responsables da Consellería do Medio Rural co sector do viño nos últimos meses, para avanzar na procura de solucións diante da problemática puntual dos excedentes de produción. Neste sentido, cómpre lembrar que a Xunta actuou, sempre escoitando aos consellos reguladores de ambas denominacións, desde o primeiro momento. Por iso, solicitou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) a destilación de crise do excedente do viño e atendeu todos os requirimentos de información solicitados.

Mantivéronse tamén reunións coas principais adegas afectadas para traballar man a man co sector mentres non se resolve o expediente da destilación, así como para abordar outro tipo de medidas. Cómpre recordar que por agora non existe unha resolución oficial por parte da Unión Europea sobre esta cuestión.

Do mesmo xeito, hai que lembrar o apoio da Consellería a este sector mediante diferentes liñas de axuda, como son as destinadas aos propios consellos reguladores para financiar os seus gastos de funcionamento, a impulsar a elaboración e comercialización de viño, para a reestruturación e reconversión de viñedo, así como a promoción do produto en mercados de terceiros países. Precisamente, esta última convocatoria sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o vindeiro martes, 13 de agosto.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...