HomesociedadeAs Festas Patronais de Monforte contan con Punto Violeta

As Festas Patronais de Monforte contan con Punto Violeta

O horario da Caravana Morada é, de maneira ininterrompida, de 23:00 a 6:00 horas da madrugada durante todos os días de duración das Festas Patronais agás o primeiro día, onte, que tivo un horario de 22:00h a 2:00h da madrugada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte ten ubicado un Punto Violeta na cidade para previr e atender a posibles vítimas de agresión sexistas durante o período de celebración das Festas Patronais. A Caravana Morada, de atención e concienciación contra as agresións sexistas está atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero. Sitúase no entorno do Parque de los Condes enfronte da estatua de Manuel María, no espazo próximo ó semáforo, e permanecerá ata o 16 de agosto, durante a celebración das Festas.

A caravana morada informa, asesora e visibiliza o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero a través de profesionais especializados en psicoloxía, contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade, que ofrecen este servizo itinerante para concienciar á poboación da importancia dunha educación sen violencia de xénero.

Este punto morado ten un dobre compoñente: por unha banda, concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero ó público en xeral e por outro, a caravana morada presta o servizo de atención directa a mulleres dentro das festas en coordinación coas forzas de seguridade atendendo ás mulleres que así o demanden.

O persoal técnico da Caravana Morada está formado por dúas técnicas, unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha traballadora social axente de igualdade. Ambas asisten e asesoran na caravana morada ás mulleres que así o necesiten e informan sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional.

Esta medida vai acompañada por unha campaña de publicidade que complementa esta iniciativa, leva por lema #SEXOconSENSO e inclúe carteleiras con varios consellos para previr a violencia sexual que se repartiron polos establecementos hostaleiros e locais comerciais xunto cos carteis das festas, así como material diversos de sensibilización (pulseiras, tarxetas, dípticos etc.). Estas actuacións están financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, no desenvolvemento de competencias reservadas ás Entidades Locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o exercicio 2024

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...