HomeEconomía68% de ocupación na Ribeira Sacra en xullo e para agosto espérase...

68% de ocupación na Ribeira Sacra en xullo e para agosto espérase chegar ao 80%

En 5 anos, a ocupación incrementouse un 60%. Como é habitual, a tipoloxía que rexistra mellor ocupación e apenas variación con respecto a anos anteriores son os hoteis de maior categoría (4 e 3 estrelas).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Malia que os datos non son aínda definitivos, a ocupación durante o mes de xullo sitúase lixeiramente por debaixo da acadada no 2023 (4-5 puntos menos) en porcentaxes. Pero, que significan os datos recabados en número de prazas ocupadas?. Por exemplo en xullo do 2020 houbo 3710 prazas ocupadas cada día de media durante e foron 6489 prazas ocupadas cada día de media durante o mes de xullo 2024. En 4 anos case se duplica.

Segundo testemuñas dos propios xestores, o turismo rural é a categoría que sofre unha maior caída de reservas efectivas en comparación con períodos anteriores, tanto para o mes de xullo como para agosto mantendo a tendencia dos últimos anos que, salvando algúns momentos do ano como a Semana Santa, ten minorado ocupación. “A causa principal que defende o sector para o descenso, é o brutal incremento da oferta de VUT e VT”, destacan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Os datos de ocupación segundo o tipo de establecemento para o mes de xullo foron:

  • Hoteis 4 e 3*: 81%
  • Turismo Rural: 62 %
  • VT e VUT: 59%
  • Resto aloxamentos: 67%

As previsións para agosto son as seguintes:

  • Hoteis 4 e 3*: 84%
  • Turismo Rural: 64 %
  • VT e VUT: 82%
  • Resto aloxamentos: 72%

A porcentaxe de ocupación para agosto é moi semellante á do ano pasado. A tipoloxía que aumenta as previsións de ocupación son os hoteis de 4 e 3 estrelas. En termos xerais, os números coinciden cos datos de ocupación acadados no 2020, ano moi bo a pesares de todas as restricións asociadas á situación sanitaria pola pandemia.

“Temos que ter moi presente que a oferta de aloxamentos aumentou significativamente nestes últimos 4 anos, tanto pola incorporación de 5 novos concellos ao xeodestino, como polo importante crecemento do número de vivendas de uso turístico. A día de hoxe a diferenza co 2020 son 499 aloxamentos máis (4.027 prazas), dos cales 417 son vivendas de uso turístico”, sinalan desde o Consorcio.

En agosto do 2020 houbo 4594 prazas ocupadas cada día de media, no 2024 a previsión é de 7394 prazas ocupadas.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...