HomeCulturaIX Festival dos Eidos, do 23 ao 25 de agosto

IX Festival dos Eidos, do 23 ao 25 de agosto

Está organizado pola Fundación Uxío Novoneyra e ten lugar en Parada do Courel contando nesta edición cunha gran programación cultural que inclúe poesía, exposicións, presentacións, música, percorridos guiados e rutas ornitolóxicas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Cultura, colabora un ano máis na organización do Festival dos Eidos, unha cita cultural organizada pola Fundación Uxío Novoneyra na aldea de Parada do Courel. A cita cultural terá lugar do 23 ao 25 de agosto e contará con recitais de poesía, exposicións, música e mesmo rutas ornitolóxicas.

A deputada de Cultura Iria Castro, o xerente da Fundación Uxío Novoneyra Uxío Novo e a presidenta da fundación Branca Novoneyra veñen de presentar o devandito festival no Pazo de San Marcos, unha cita que naceu para lembrar a obra de Uxío Novoneyra e particularmente o poemario Os Eidos, que celebra o 70 aniversario da súa primeira edición.

Iria Castro puxo en valor o traballo da Fundación Uxio Novoneyra e lembrou “a colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa entidade para contribuír á súa labor de divulgación da obra de Uxío Novoneyra que é tamén unha labor de dinamización cultural e social do Courel e unha labor de proxección fóra das nosas fronteiras da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura, a través de programas e intercambios con outros países europeos”.

PROGRAMACIÓN IX FESTIVAL DOS EIDOS

O festival comezará o  venres 23 de agosto ás 16:00 H. coa apertura da exposición “Romance de Manuel de Ribadaira”, de Manuel González Allere e continuará cun acto homenaxe ao poeta Carlos Oroza. A xornada continuará ás 18.30 horas coa presentación “Enciclopedia perplexidade”, unha antoloxía da obra poética de Antón Reixa na que participarán o autor e o poeta Xabier Cordal. A xornada rematará co espectáculo de Leo Matamá, “Verba estirpe” e os concertos de Dúbida e Familia Caamagno.

O sábado comezará con rutas ornitolóxicas na contorna da aldea de Parada, guiadas polo biólogo Xavier Vázquez Pumariño, e a continuación Antón Lopo e María Sanchez manterán un coloquio encadrado no programa “Afinidades electivas” do Ministerio de Cultura. O espectáculo musical e poético Kennebec pechará a xornada matinal.

A partir das 18 horas está previsto o recital dos poetas galegos Luz Pichel, Isaac Xubín e Brenda Alborada xunto ao portugués André Tecedeiro, e o espectáculo musical “Popsía” de Fran Amil. O artista Iván Torres co recital “Alta montaña” e o DJ Tristón pecharán a xornada.

O domingo 25 farase a partir das 10.30 horas un percorrido guiado pola arquitectura tradicional da man de Xosé Alegue e continuarase coa presentación dunha nova edición de “Os eidos”. O programa péchase co espectáculo “Literatura afinada” e a actuación do músico Sergio Canay.

Os asistentes contarán ademais cun servizo de transporte lanzadeira de Seoane a Parada con horario de volta de mañá, tarde e noite.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...