HomeMedio ambiente e Patrimonio22 participantes no Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns que convoca...

22 participantes no Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns que convoca o Concello de Chantada

14 de setembro, o Tribunal Cualificador dará a coñecer que decoracións consideran as mellores. Para este concurso de mellora ornamental da vila de Chantada repártense 1.050,00€ en premios,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, convocaba este ano, por primeira vez, o Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns, cuxas bases publicábanse no BOP o pasado 24 de maio.

De conformidade con ditas bases, o Concello de Chantada vén de aprobar a listaxe definitiva de aspirantes admitidos que foron un total de 22, dos que 15 son decoracións de balcóns e fachadas da capitalidade municipal e o resto corresponden ao rural.

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, amósase satisfeito coa resposta da veciñanza para esta primeira edición do Concurso, “Estamos satisfeitos coa participación que houbo nesta primeira convocatoria. Ademais das decoracións participantes hai balcóns e fachadas moi ben decoradas que non participaron, quizais porque non se inscribiron en prazo. En todo caso cumpriuse o principal obxectivo deste Concurso que é poñer en valor os beneficios estético-ambientais das fachadas e balcóns como elementos vivos da vila e incentivar a participación cidadá na mellora da calidade ambiental e na ornamentación dos espazos”.

Na primeira semana de xullo fotografáronse todas as localizacións participantes para que o xurado fixera unha prevaloración. A maiores, a finais do pasado mes tamén recibiron a visita do xurado, que nesta primeira edición está formado por:

  • Amancio Lavandeira. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de paisaxismo e medio rural en Fonteboa.
  • María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola municipal do Concello de Ourense.
  • Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico.

Participante Concurso embelecemento fachadas e balcóns Chantada 2024 / Concello de Chantada

O xurado valorará os seguientes criterios:

  • Orixinalidade e creatividade da composición: Valoración de 0-5
  • Laboriosidade: Valoración de 0-5
  • Uso de materiais reutilizados e ornamentación non floral: Valoración de 0-5
  • Naturalidade (Variedade das plantas utilizadas): Valoración de 0-5
  • Colorido: Valoración de 0-10
  • Perdurabilidade: Valoración de 0-10
  • Calidade ornamental (harmonía e deseño): Valoración de 0-10

O 14 de setembro, o Tribunal Cualificador dará a coñecer que decoracións consideran as mellores. Para este concurso de mellora ornamental da vila de Chantada repártense 1.050,00€ en premios, distribuídos do seguinte modo:

  • 1º premio: 350,00 €
  • 2º premio: 250,00 €
  • 3º premio: 200,00 €
  • 4º premio:150,00 €
  • 5º premio:100,00 €

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...