HomeCulturaEste 19 de agosto comeza a 3ª edición do Ciclo de Concertos...

Este 19 de agosto comeza a 3ª edición do Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte coa actuación de 13 formacións

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e tivo cotinuidade en 2023 e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2024, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuacións de grupos monfortinos. Tan é así o éxito acadado, que se constituíron nestes tempos novos grupos de músicos locais”, subliña o Alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 19 de agosto, dará comezo a terceira edición do Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, que propón citas tamén para os días 20, 21 e 22 de agosto, e o 3 e 4 de setembro.

Ó igual que na edición anterior, tres serán as ubicacións nas que 13 grupos monfortinos desenvolverán as súas actuacións musicais: a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España.

Os grupos monfortinos protagonistas deste ciclo serán:

  • Luns día 19 de agosto: Galga Blues Band (22:30 h)e Bela Chaos (00:00 h), na Praza de España.
  • Martes 20 de agosto: Dinosaurios (22:30 h) e Doc Magoo’s (00:00 h), na Praza da Compañía.
Doc Magoo’s na Compañía (2023). Foto: HMG
  • Mércores 21 de agosto: Vera Lynn (22:30 h) e El Mundo de Sofía Band (00:00 h)  na Praza da Estación.
  • O xoves 22 de agosto: Diana Tarín e Gonzalo Herrero (22:30 h) e Movilla y los Irrepetibles (00:00 h), na Praza da Compañía.
  • Martes 3 de setembro: Deloreans (22:30 h) e El Tarot de Toth (00:00 h), na Praza de España.
  • E mércores 4 de setembro: Entrecordas (22:30 h), Cerodouscero (23:45 h) e Los Jinetes del Trópico (01:00 h), na Praza da Estación.

Este ciclo de concertos é “unha aposta firme do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinala o Alcalde. “En definitiva, o noso obxectivo é poñer en valor ós grupos musicais da cidade, incluíndoos no Programa do Verán Cultural, e dándolles así o recoñecemento que merecen”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...