HomeEconomíaUUAA anuncia mobilizacións en busca dunha saída para os viticultores da Ribeira...

UUAA anuncia mobilizacións en busca dunha saída para os viticultores da Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

Unións Agrarias (UU.AA.) acordou este martes iniciar un calendario de mobilizacións ante a “falta de solucións” para os viticultores da denominación de orixe Ribeira Sacra.

Así o decidiron nunha asemblea con produtores levada a cabo en Chantada na que, tal e como destacou o sindicato nunha nota de prensa, púxose de manifesto “a situación límite” das explotacións ante “a ameaza das adegas de non recoller a uva na próxima vendima”.

Ante esta situación, UU.AA. denunciou a “inacción” das administracións e a “mala fe dalgunha adega” ante o “grave problema de acumulación de stock” que afecta á DO Ribeira Sacra cunha primeira concentración de viticultores diante do Consello Regulador o próximo 6 de setembro.

O sindicato considera que a pesar das “reiteradas chamadas de atención e peticións de intervención” realizadas este ano, a Xunta “segue sen mover ficha para buscar solucións” a unha problemática que, asegura, comezou a evidenciarse xa na pasada vendima.

Agora, ás portas dunha nova campaña, Unións Agrarias afirma que produtores e adegas enfróntanse a unha situación que pode obrigarlos a deixar sen recoller a uva duns 600 viticultores.

UU.AA. considera imprescindible actuar para garantir a rendibilidade e o futuro dun sector esencial para a economía da comarca debido ao forte vínculo existente entre a viticultura e a conformación da paisaxe, a conservación e a xestión do territorio e a orografía desta zona”, engadiu.

Neste contexto, o sindicato ve “indispensable” que produtores, adegas e administración “vaian da man e traballen unidos” para implementar as solucións que a denominación de orixe necesita “a curto, medio e longo prazo”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...