HomeCultura5 anos do Trece Roeis Fest que se celebrará en Pantón os...

5 anos do Trece Roeis Fest que se celebrará en Pantón os días 30 e 31 de agosto

Representantes da organización do Trece Roeis Fest acompañados por administracións públicas e privadas que patrocinan e colaboran co festival, presentaron no Pazo de Ferreiroá a 5ª edición desta cita de referencia na Ribeira Sacra, que se celebra os vindeiros 30 e 31 de agosto en Pantón, Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este  festival sen ánimo de lucro “busca, un ano máis, poñer en valor o noso entorno, ofrecendo concertos, actividades, acampada libre e na natureza e outras propostas culturáis, artesanáis e gastronómicas ao longo de toda vila”, explicou  o director do festival, Miguel García Durán

Esta aposta pola deslocalización dá continuidade ao carácter co que se orixinou o festival no ano 2019, “cando imaxinamos un espazo inclusivo, que contribuíse a dinamizar o rural e potenciase a nosa vila e a súa contorna. Un espazo onde a música galega e en galego teña un trato preferencial” continuou Durán. 

E sobre o impacto do festival tamén falou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen tildou ao Trece Roeis Fest coma unha cita “de referencia no calendario musical da Ribeira Sacra e de toda a provincia de Lugo, que atrae a centos de persoas ao concello, polo que, entre outros beneficios, ten un impacto moi positivo para a economía local”. 

Neste sentido, o director territorial de cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia, Manuel Antonio Fernández Piñeiro indicou que o impacto non só é local “senón tamén para o resto de Galicia,  (o festival) serve como punto de atracción para que xente doutros lugares se achege á Ribeira Sacra e a un espazo onde se respectan as nosas tradicións, o noso idioma e, ademáis onde se potencian entre outras cousas os nosos viños”. 

E de Pantón para o resto do mundo, este podería ser o titular segundo o alcalde do municipio, José Luis Álvarez Blanco quen indicou “non pensamos que ía chegar tan alto. Fixeron un programa especial (referíndose a Cuestión de gustos de RNE) incluíndoo coma un dos festivais máis importantes de Galicia, na súa categoría. E que se fale de Pantón a nivel nacional é unha satisfacción para min e para toda a corporación”.

Ademáis desta posta en valor do festival que se celebra a última fin de semana de agosto, tamén se anunciaron as últimas novas do evento, que inclúen a participación de o’Leo de Matamá nas presentacións literarias, a confirmación da cata de viños da Ribeira Sacra, que se celebrará o venres 30 da man de Maira Ratón, as degustacións de productos locais ou a apertura da Feira de artesanía 13R que se manterá dende o venres ata o sábado no espazo Galicia (na zona de O Castro de Ferreira). 

Por último, lembrouse o cartel con máis de 20 actuacións que mesturan estilos e propostas da escena galega, española e internacional como Soziedad Alkoholika, a chilena Ana Tijoux, as galegas Fillas de Cassandra, a banda de Reggae e Dancehall Green Valley, Sôber, que fan unha parada en Pantón na súa xira 30 aniversario; Sara Socas, Los de Marras e o seu autoproclamado “guarrocanrol”, Rebeliom do inframundo, Arrhythmia, Maneiro cun bonito despertar, a tamén galega Pauliña, Xabier Vizcaíno, Tiam Gz, Exeria e Amoebo, que xunto co DJ Sergio Rv DJ non deixarán un íntre sen música. A estes artistas súmanse as actuacións polas rúas da vila de Festicultores Troupe e Baturruka e a proposta para os máis pequenos da man do Mago Teto e Peter Punk e Brais Hortas co seu concerto punkinfantil.

O festival conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística; Águila, Concello de Pantón e Deputación de Lugo, así coma coa colaboración de Daveiga, Nº0, Rectoral de Amandi, Regina Viarum, Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Reizentolo, Gadis, Torre de Núñez, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Iberik Hoteles, Hoteles López, Grupo Abante, arquitectura e ingeniería; Supermercado e carnicería Chimpa. Onda Cero coma medio oficial do festival

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...