HomesociedadeEste 25 de agosto A Pobra do Brollón mobilízase polos recortes de...

Este 25 de agosto A Pobra do Brollón mobilízase polos recortes de profesorado no colexio

O goberno municipal convoca para este domingo 25 un Pleno extraordinario para tratar os recortes previstos no CEIP A Pobra do Brollón para o vindeiro curso escolar. O Pleno celebrarase ás 11:30, antes da manifestación prevista para as 12:00 na área recreativa

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convocatoria realízase tras a solicitude por parte da ANPA na que manifestan a súa preocupación polo futuro dos nenos e nenas do colexio e das súas familias.

De aplicarse os recortes, o próximo curso 2024-25 haberá un mestre menos, por tanto, tres profesores para atender a 33 alumnos de Primaria que se dividirán en dúas aulas de 16 e 17 alumnos. Nunha irían primeiro e segundo, e na outra, os outros catro cursos.

As familias piden un docente máis e un reparto máis equitativo dos cursos, que agrupan a estudantes de niveis moi dispares e ademais superan as cocientes recomendadas pola propia Xunta. A resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Consellería de Educación indica que non se poderá agrupar o alumnado de primaria pertencente a distinto ciclo nunha mesma unidade, cando a cociente sexa igual ou menor a 12.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, solicitou unha reunión co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, para trasladar as preocupacións e buscar unha solución. “A administración autonómica ten que reflexionar e ver que esta situación non é xusta. Se queremos evitar a despoboamento e garantir a todo o mundo os mesmos dereitos, os servizos que se presten no rural deben ser iguais aos que se presten noutras vilas e cidades”, afirma Maceda.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...