HomeEconomíaComeza a mellora da estrada provincial entre Baralla e Láncara cun investimento...

Comeza a mellora da estrada provincial entre Baralla e Láncara cun investimento de 110.000€

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos para o arranxo da estrada provincial LU-P-0503, que conecta Baralla e Láncara. Esta actuación, que conta cun investimento de máis de 110.000 euros, afecta á práctica totalidade da vía, desde o seu inicio en Baralla ata o punto quilométrico 10,5.  As obras, que está a levar a cabo a empresa Grupo Bascuas 2008, teñen un prazo de execución estimado de tres meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto inclúe diversas intervencións para mellorar o estado da estrada e incrementar a seguridade vial. Concretamente, os traballos consistirán na reapertura de cunetas para garantir unha correcta drenaxe das augas, na reparación dos afundimentos e desperfectos existentes, e na repavimentación. Este s traballos permitirán unha maior durabilidade do firme, mellorando a adherencia e reducindo o risco de accidentes.

Esta actuación é de gran importancia, xa que a estrada LU-P-0503 non só comunica os municipios de Baralla e Láncara, senón que tamén dá servizo directo ás parroquias de Aranza, Santa María de Pol e Vale.

Ademais, a vía é moi empregada para o transporte de mercadorías, especialmente polas empresas madereiras da zona. Outro aspecto destacado é que esta estrada é punto de conexión entre Baralla e a estrada autonómica LU-636, que une Sarria e Becerreá, polo que supón unha mellora na seguridade, na comodidade e na comunicación para o desprazamento dos veciños e veciñas da zona.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...