HomeCulturaTerceira edición do ciclo ”Monforte Fusión” este 28 de agosto na Praza...

Terceira edición do ciclo ”Monforte Fusión” este 28 de agosto na Praza de España

O Concello de Monforte acollerá este mércores 28 de agosto, a celebración do ciclo musical denominado Monforte Fusión, que no ano 2022 foi unha actividade novidosa dentro do programa do Verán Cultural do Concello e que este ano alcanza a súa terceira edición, dado o éxito colleitado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo, organizado polo Concello de Monforte co apoio do Plan Deputación de 2024 de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, suporá a celebración de dúas actuacións musicais na Praza de España:

22:00 h.- A lo cubano. Grupo musical interactivo creado para difundir a boa música cubana e de fusión, cun repertorio que abarca o son, a salsa, a bachata, o merengue, o boleiro ou o chachachá.

01:00 h.- Cherry Sweet. As integrantes desta banda unirán música de todos os tempos co estilo divertido, orixinal e elegante do swing dos anos cincuenta. É unha banda formada por tres vocalistas cuxos arranxos vocais están dirixidos pola extraordinaria Sabela Cereijo.

Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos.

ÚLTIMAS

O grupo de saxos ‘Mezzo Quartet’ abre o ciclo ‘Música no outono’ de Sober

O vindeiro sábado, 15 de novembro, terá lugar en Sober a primeira actuación do...

Achan morto a un octoxenario nunha mina de auga en Sober

Un octoxenario foi achado morto este luns nunha mina de auga no lugar de...

Remata a primeira fase da recuperación da Casa Escola de Meixonfrío en Taboada

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo...

A DomusVi de Monforte asegura que “as denuncias do BNG non atenden á realidade do centro”

Segundo a DomusVi de Monforte o caso que denunciaba o BNG e recolleu XdL,...