HomePolíticaA iniciativa de Courel Vivo para conseguir a certificación Starlight terá que...

A iniciativa de Courel Vivo para conseguir a certificación Starlight terá que esperar

A proposta de Courel Vivo para conseguir certificación Starlight no Concello e nos aloxamentos que o desexen non tivo o respaldo do PP no pleno. Segundo CV os populares votaron en contra, porque "farán eles a xestión cando poidan e haxa financiamento".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na exposición de motivos Courel Vivo destacaba o valor natural deste territorio que fai que o turismo e os postos de traballo relacionados co turismo sexan fundamentais no deseño do Courel do futuro. “Eses valores tamén se estenden ó mundo da astronomía e a calidade dos nosos ceos. Contando cun dos ceos menos contaminados luminosamente, con mellor seeing e transparencias dos mesmos”, destacan.

No ano 2017 CV presentaba unha proposta similar, daquela Galicia tiña esta distinción para 2 zonas. Hoxe xa son 7 as Certificacións que deu a Unesco en Galicia. A maiores a Fundación Starlight permite certificar aloxamentos. Onde Casas de Turismo Rural, Vivendas Turísticas, Acampamentos, etc poderían obter ser Aloxamento Starlight, tendo material para contemplar o cosmos. Material que se debería subvencionar. Gozarían de moito máis visibilidade a nivel internacional e a fundación enlazaríaas na súa páxina web.

“Todo isto, non deixa lugar a dúbidas dos beneficios que suporá a medio prazo para o noso Concello. Sen embargo o PP deixa pasar a oportunidade de poñer ao Courel no mapa e vota en contra dos inteses dos veciños cando cun máximo de 1000€ para os trámites poderiamos ter un referente para esta certificación”, lamentan desde Courel Vivo.

Consideran que para optar á certificacións poderíase contar con fondos do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ou calquera outro ente podería subvencionalo e poder así dinamizar a zona cun proxecto positivo.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...