Homesociedade100.000€ para a mellora de dúas estradas provinciais en Chantada

100.000€ para a mellora de dúas estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno da Deputación tamén sacou adiante o programa dunha nova edición de Lugo Termal para as anualidade 2024-2025 por un importe conxunto que supera os 120.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar este venres un investimento de máis de 372.000€ para mellorar a mobilidade e a seguridade no conxunto das estradas da provincia.

En Chantada foron adxudicados os traballos para acondicionar diferentes tramos de dúas vías provinciais á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, SL por algo máis de 100.000€. Son a LU-P-1803, que une Camporramiro con Castro de Carballedo por Vilaúxe, entre os quilómetros 1,3 e 4,2; e a LU-P-1818, que conecta os núcleos de Xedive e Vilaúxe.

En ambos casos, as obras consisten na reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a reparación do firme, a pavimentación e a sinalización vertical. O prazo de execución é de menos de 2 meses.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...