HomePolíticaPor Chantada demandará no pleno a ampliación da curva do Seixo e...

Por Chantada demandará no pleno a ampliación da curva do Seixo e a adquisición dun predio continuo

A moción propón que desde a Corporación municipal se esixa á Deputación a ampliación da curva do Seixo, e que o Concello urbanice ese treito con beirarrúas que permitan o acceso peonil nas debidas condicións de seguranza. Ao tempo, de saír adiante a moción, trasladarase á Deputación a urxencia de arranxar as estradas da súa titularidade, "que se atopan nun estado inaceptábel".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Son recorrentes as solicitudes de Por Chantada-IGV sobre a mellora do estado das infraestruturas viarias do termo municipal –que nalgún caso cualifican de calamitoso– con independencia de quen sexa o seu titular (Estado, Xunta, Deputación ou Concello). Así, na pasada lexislatura foron varios os rogos para o arranxo de pistas, e mesmo se levou unha proposta para facer unha relación de pistas catalogándoas polo seu estado de conservación, priorizando o arranxo das que supoñen un maior perigo para a seguridade viaria xa que, como refire a moción, «O desleixo de máis dunha década nas nosas infraestruturas sae caro a toda a cidadanía», aponta Antom Fente, voceiro do grupo municipal de Por Chantada.

Desde a candidatura veciñal aseguran, que este desleixo no caso das estradas titularidade da Deputación de Lugo “é inxustificábel, amais de verificar un trato desigual ao doutros concellos da nosa provincia como Monforte ou Antas nos que o ente provincial semella non escatimar en orzamento para o mantemento das súas estradas ou mesmo rebasa a mesura no proxecto KM0 da Galiza en Antas, mentres na nosa vila non se cubre o básico”.

Nin os escritos dirixidos directamente desde Por Chantada – Interior Galego Vivo á Deputación de Lugo, nin as mocións plenarias aprobadas por unanimidade da Corporación chantadesa sobre o estado das estradas teñen resposta do ente provincial, “unha falta de respeito á veciñanza que percebe como caciquismo que se prioricen os concellos dos altos cargos do PSOE na Deputación”.

Curva do Seixo / Por Chantada

Mais, din desde Por Chantada – IGV, que a inoperancia da Deputación non pode xustificar a inacción municipal, polo que seguirán insistindo na reivindicación dunhas infraestruturas dignas e seguras. E desta teima fai parte a solicitude de ampliación da curva do Seixo na LU-P-1807 que precisa ser ampliada para permitir unha mellor visibilidade e para rematar co risco para a seguridade do tráfico peonil, que é elevado por ser un dos accesos ao campo do Sangoñedo e o principal acceso ás instalacións de ASDEME.

Por último, a moción pretende que o Concello de Chantada estude as posibilidades de adquirir dúas fincas na contorna do Seixo para, tras a oportuna modificación puntual do PXOM, destinalas a zonas verdes, aparcadoiro e celebración de eventos e abrir unha rúa ata a Ponte Nova que conecte con Zaquín.

Curva do Seixo / Por Chantada

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...