HomesociedadeEn marcha a cuarta fase do ARI en Sober

En marcha a cuarta fase do ARI en Sober

Sober é o único Concello de Galicia onde todo o territorio é considerado área de rehabilitación integral, tanto as parroquias como o casco urbano.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober vén de abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes de axudas para obras de rehabilitación de edificios e vivendas na zona ARI, é dicir, en todo o municipio. As axudas pódense tramitar na Oficina de Rehabilitación de Sober, os mércores e venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, antes do 13 de febreiro do 2019.

O custe total das actuacións desta 4ª fase ascende a 188.250 euros. Os beneficiarios poden obter un máximo de 12.000 euros por vivenda que se rehabilite ou ata o 40% do custo subvencionable da actuación. A contía subvencionable pode chegar a un 65% do importe total se o solicitante é menor de 35 anos.

Mentres se abre o prazo para solicitar axudas para a cuarta fase, estanse a executar obras da terceira fase. Mellóranse 11 vivendas e estase pendente de recibir aprobación para outra en Figueiroá.

Para poder recibir as axudas os inmobles deben ter unha antigüidade superior aos dez anos, os solicitantes deben acreditar a propiedade da vivenda e o compromiso de destinala a domicilio habitual ou aluguer.

Documentación a presentar

  • Fotocopia do DNI do solicitante ou do representante cun documento que acredite a representación.
  • Certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social.
  • Acreditación de ingresos familiares ponderados.
  • Título de propiedade ou do título suficiente de autorización para a realización das obras.
  • Acreditación da antigüidade da vivenda.
  • Certificado de empadroamento.
  • Compromiso escrito de destinar a vivenda a residencia habitual ou permanente durante polo menos cinco anos desde a aprobación definitiva das axudas solicitadas.
  • Orzamento das obras solicitadas firmado pola empresas construtora.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...