HomesociedadeMáis prazas e máis días de actividade no Programa Activa de Monforte...

Máis prazas e máis días de actividade no Programa Activa de Monforte que este 11 de setembro abre prazo de inscrición

O prazo de inscrición tanto para actividades no Centro Cívico como nas parroquias permanecerá aberto dende este mércores 11 e ata o venres 27 de setembro, ambos incluídos. As actividades desenvólvense entre o o 14 de outubro e o 12 de xuño, cun total de 9 meses de actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde de Monforte,  Gloria Prada, e pola coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Luz Méndez, deu a coñecer unha nova edición do Programa Activa para a tempada 2024-2025. “O Programa Activa é un dos principais compromisos adquiridos na nosa acción de goberno”, explica o rexedor.

Nesta edición increméntase a súa partida orzamentaria en 6.000€, alcanzando do 56.000€, para atender á demanda existente, que crece debido ó éxito que ano tras ano ten este programa, e que conta coa participación dunhas 500 persoas.

O Programa Activa, dirixido ós veciños e veciñas de Monforte busca promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores. Segundo os datos do padrón municipal de agosto de 2024 o índice de poboación de persoas de máis de 55 anos no Concello de Monforte é do 44,35% respecto da poboación total. Cómpre salientar que 5.646 persoas veciñas son maiores de 65 anos, sendo o colectivo máis predominante de 55 a 79 anos.

“Polo tanto, é un programa especialmente dirixido a estas franxas de idade, promovendo o seu benestar psicosocial, fomentando a participación social, habilitando espazos de encontro interxeracional, evitando o illamento e as situacións de soidade, e dinamizando as nosas parroquias rurais” subliñou o Alcalde monfortino. Como en edicións anteriores, tamén se ofertarán actividades interxeracionais, dirixidas a persoas maiores de 16 anos.

Máis novidades do Programa Activa 2024-25

Unha das principais novidades do programa deste ano é o Obradoiro interxeracional que leva por nome “Av@s 3.0”, “un taller no que queremos que participen os avós e avoas cos seus netos e netas, e promover nel o intercambio interxeracional de coñecementos a través de espazos comúns de convivencia entre ambos. Por exemplo, un neto pode ensinar ó seu avó a como usar un móbil. A previsión será celebrar este obradoiro en Nadal”, apunta Tomé.

Será tamén novidosa a Charla arredor do envellecemento activo ou o Taller de alimentación saudable dirixido a persoas maiores, que serán impartidos especialistas nestas materias. Tamén se organizará a Andaina “Raíces” pola contorna de Monforte e os seus arredores, para xerar eses espazos de convivencia. Asemade incropórase ó programa Taichi e Cerámica e refórzase o número de prazas en Ximnasia de Mantemento.

Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ó 100% polo Concello monfortino.

Actividades no Centro Cívico e nas Parroquias

Polo que respecta ó CENTRO CÍVICO, o Concello destina un total de 379 prazas, que son 26 máis que na edición anterior, distribuídas en 21 grupos, 3 máis que en 2023. As actividades a desenvover no Centro cívico agrupanse en dous bloques segundo a idade dos participantes, maiores de 55 anos e maiores de 16 anos.

A oferta de actividades neste Centro Cívico é a seguinte:

  • Ximnasia de mantemento para maiores
  • Taichi
  • Ioga
  • Conservando a memoria
  • Competencias dixitales para uso cotián con 3 niveis: iniciación, intermedio e avanzado.
  • Informática básica
  • Cerámica
  • Manualidades
  • Costura básica
  • Costura creativa
  • Baile Caribeño, con 2 niveis: iniciación e perfeccionamiento.
  • Bailes de Salón

O Alcalde explicou que “na listaxe de actividades que acabo de indicarlles, non está incluída a de Ximnasia na piscina climatizada, como en anos anteriores, que se viña ofertando e que contaba cunha alta demanda. Isto é debido a que a piscina vai estar pechada polas obras de mellora que realizaremos na mesma. Por iso, incluímos a actividade de Taichi e aumentamos o número de prazas en Ximnasia de Mantemento”.

Reservaranse prazas para persoas con discapacidade en cada unha das actividades e no caso de que estas persoas necesiten axuda durante o desenvolvemento da actividade poderán ir acompañadas doutra persoa.

Nas PARROQUIAS, o número de prazas ofertadas a través dos seus centros sociais é de 180, están dirixidas ás persoas veciñas de cada parroquia, e inclúense as actividades máis demandadas por aquelas, que son:

  • Conservando a memoria
  • Cerámica
  • Manualidades
  • Costura creativa
  • Costura básica
  • Ximnasia de mantemento
  • Bailes de Salón
  • Bailes Latinos

As persoas interesadas en participar nas actividades do Centro Cívico deberán presentar a súa solicitude, segundo o modelo normalizado, no Rexistro Municipal do Concello, na Secretaría de Servizos Sociais ou a través da Sede Electrónica municipal (sede.monfortelemos.es). Para elo deberán estar censadas no Concello de Monforte. Como norma xeral, cada persoa poderá solicitar e participar nunha única actividade.

A adxudicación das prazas do Centro Cívico farase por sorteo entre as solicitudes recibidas para cada actividade, unha vez rematado o prazo de solicitude e diferenciando prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Para iso, asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida.

No caso das actividades das parroquias, poderán solicitalas os representantes das parroquias,  dentro do prazo establecido, e a actividade realizarase no local social correspondente.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...