HomesociedadeMonforte acende a luminaria de festas e mellora o mobiliario da escola...

Monforte acende a luminaria de festas e mellora o mobiliario da escola infantil

Benvida ao Nadal co acto de prendido de luces na Praza España e agasallos en forma de equipamento dixital para a gardería pública.

Publicado o

- Advertisement -

Con máis modestia e austeridade que Vigo, calquera lles tuse neste tema, a cidade do Cabe fará o acendido oficial de luces de Nadal este mércores 5 ás 20:00 h. na Praza España, lugar onde cada ano se sitúa a árbore cónica ten característica. Este ano, no canto da árbore, lucirá unha estrela luminosa.

Noutra orde de cousas, o concello vén de dotar á escola municipal pública dunha Smart TV de 55 pulgadas e dúas tablets así como tamén un kit de vallas móbiles infantís para empregar tanto no interior como no patio.

O Alcalde explica que “coa compra dos dispositivos de novas tecnoloxías, Smart TV e tablets, conseguimos ampliar o equipamento dixital”. José Tomé engade que “hoxe en día contar cunha aula dixital é imprescindible, axuda a que os nenos e nenas traballen dunha forma máis creativa e ademais consegue motivar o interese dos cativos, posto que permitirá que poidan acceder ós contidos dunha forma moito  máis dinámica e atractiva”.

No caso das vallas móbiles o rexedor monfortino indica que este mobiliario permitirá ampliar as opcións de actividades a realizar e incluso dividir a clase en grupos máis pequenos.

Vallas móbiles. Fonte: Concello de Monforte

Con estas dotacións búscase mellorar a seguridade da instalación educativa, a comodidade dos nenos/as e conseguir que os pequenos/as teñan acceso ás últimas tecnoloxías como complemento e apoio á súa aprendizaxe convencional.

As melloras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e contan tamén cunha axuda da Xunta de Galicia tras terlla solicitado a administración municipal.

 

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...