HomeEconomíaGalicia Camiño Emprendedor, mentorización para impulsar o traballo autónomo mentres se fai...

Galicia Camiño Emprendedor, mentorización para impulsar o traballo autónomo mentres se fai o Camiño

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, percorreu este venres desde Samos o tramo final da cuarta etapa do programa autonómico Galicia Camiño Emprendedor (comprendida entre O Cebreiro e Sarria, dentro do Camiño Francés) poñendo de relevo que coa iniciativa se ofrece aos traballadores autónomos asesoramento para axudarlles a consolidar os seus negocios, mentres se realizan tramos do Camiño de Santiago co obxectivo tamén de promocionar Galicia e a ruta Xacobea como destino de ocio e actividade económica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración colabora coa Axencia Turismo de Galicia e coa Fundación Ronsel, utiliza a metodoloxía da mentorización, que se basea na relación de confianza entre o titor e a persoa acompañada. É unha fórmula pola que aposta a Xunta para desenvolver o potencial das persoas participantes, garantindo o acompañamento permanente dun mentor e a creación dunha rede de contactos profesionais para mellorar a actividade profesional.

Deste xeito, no caso concreto deste venres, segundo puxo en valor o secretario xeral, camiñaban canda el unha ducia de emprendedores, a metade deles mentores e a outra metade persoas asesoradas por eles. Sobre os sectores nos que desenvolven o seu traballo, destaca o das actividades artísticas, recreativas e de entretemento, pero tamén o das comunicacións, entre outros.

Pablo Fernández destacou que o impulso ao emprendemento e ao traballo autónomo é a mellor aposta para xerar progreso e innovación, dinamizar o territorio e fixar poboación. Por iso, indicou que a Xunta está a poñer en marcha programas como o Galicia Camiño Emprendedor para dar apoio aos autónomos, xunto con outras axudas como a cota cero para novas altas implantada este ano ou o Bono Remuda para garantir a continudade dos negocios, ambas con prazo de solicitude aínda aberto.

Secretario xeral de Emprego, Galicia Camiño Emprendedor / Consellería de Emprego

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...