HomesociedadeA escritora de Pantón, Andrea López, segundo premio no certame 'Lingua de...

A escritora de Pantón, Andrea López, segundo premio no certame ‘Lingua de namorar’

Quedou segunda na categoría de 20 a 35 anos coa obra "B612 só ida". O certame, que convoca a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, busca promover o uso do galego ao tempo que permite amosar o talento literario e a creatividade da mocidade arredor do amor e das relacións persoais.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A pasada semana tivo lugar en Santiago o acto de entrega dos premios aos gañadores da décima terceira edición de Lingua de namorar, o certame en liña impulsado pola Xunta de Galicia que promove a creación de mensaxes de amor en galego entre a mocidade.

Lara Meneses, directora xeral de Xuventude, destacou que esta nova edición de Lingua de namorar pon de manifesto, unha vez máis, “o talento e creatividade da mocidade de Galicia”.

No acto de entrega, no que tamén estivo presente o secretario xeral da Lingua, Valentín García, tivo lugar como de costume do Pazo de San Roque, tamén estiveron presentes membros do xurado do certame. Ademais, os gañadores e as gañadoras, que puideron recitar os seus poemas aos asistentes, estiveron arroupados polos seus familiares e amigos.

PREMIOS E CATEGORÍAS

Na categoría de idades entre os 14 e 19 anos, recolleu o primeiro galardón a coruñesa Abril Viqueira Pose pola mensaxe Reflexos. O segundo premio foi parar á baionesa Luna García Guimeráns por Amor nos teus, mentres que o terceiro recaeu no vigués Alejandro Alonso Lago co texto Razón e emoción.

Doutra banda, na categoría de 20 a 35 anos, foron distinguidas a lalinense Elvira Nercellas Rodríguez, primeiro premio pola mensaxe Auga do corazón; Andrea López Otero, de Pantón (Lugo), segundo premio pola composición B612 só ida, e Clara Pérez Martínez, da Bola, terceiro premio polo poema A tonalidade dos vínculos.

Os dous primeiros premiados de cada unha destas categorías recibiron un patinete eléctrico, mentres que os segundos un altofalante bluetooh, e os terceiros uns auriculares sen fío.

Andrea Micc. Foto cedida.
ANDREA LÓPEZ OTERO

Esta rapaza, natural de Pantón, gañadora do concurso na edición deste 2024 conseguiu xa neste mesmo certame ‘Lingua de Namorar’ o terceiro premio de forma consecutiva os anos 2021, 2022 e 2023.

Ademais, vén de publicar a novela “Crónicas de Vanusum I. El Reino de los Reinos” e participa activamente nos Slam Poetry de Bóveda, encontros nos que ten resultado tamén premiada.

OBRA PREMIADA: “B612 só ida”

Esta vez,
coma unha molécula de gas eclosionando efímera
no medio do marabilloso e extraordinario caos
asimétricos e imperfectos
voamos en segredo
ata Plutón
para ser eternos
nesa nova forma natural e metafísica
que un día
cando aínda non existían os días
se nos concedeu,
            entre o morrer e o renacer do máis alá,
amarnos para sempre.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...