Homesociedade10 Casas de Turismo Rural do sur da provincia no Outono Gastronómico

10 Casas de Turismo Rural do sur da provincia no Outono Gastronómico

A campaña Outono Gastronómico no Turismo Rural xerou nas súas 17 edicións anteriores preto de 6 M€ coa participación de máis de 92.000 persoas en toda a comunidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia ten en marcha ata o 15 de decembro a 18ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, a iniciativa coa que cada ano promove as viaxes fóra da tempada alta combinando o turismo rural e a gastronomía co fin de desestacionalizar e dar pulo ao sector. Nesta campaña participan 23 establecementos da provincia de Lugo.

Adheríron se ao programa un total de 77 negocios de toda Galicia. Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados especialmente para esta campaña, así como estadías dunha noite ou dunha fin de semana. A maiores, algúns establecementos ofrecen actividades complementarias, como visitas culturais, roteiros de sendeirismo, paseos a cabalo ou descenso en canoa, entre outras. Hai tamén paquetes para as familias que viaxan con nenos e nenas.

Na provincia de Lugo adheríronse ao 18 Outono Gastronómico dez casas de turismo rural da Zona Sur -situadas en Taboada, Folgoso do Courel, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga e Sober-; cinco da Mariña -en Cervo, Foz, Lourenzá, A Pontenova e Trabada-; tres na comarca de Lugo -en Castroverde, Lugo e O Corgo-; e outras cinco en Castro de Rei, Cervantes, Monterroso, As Nogais e Sarria.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...