HomesociedadeA Torre da Homenaxe de Monforte lembrará o 'Día Mundial do Alzheimer'

A Torre da Homenaxe de Monforte lembrará o ‘Día Mundial do Alzheimer’

Será mañá, día 21 de setembro, e farao iluminándose de cor verde en sinal de apoio ás persoas que sufren esta doenza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Respecto desta iniaciativa que se vén repetindo dende hai anos, o Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, di que “dende o concello, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois é unha enfermidade que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. O Alzheimer non só impacta a quen o padece, senón tamén ás súas familias e coidadores e, por extensión, ao conxunto da sociedade”,

Con motivo do ‘Día Mundial do Alzheimer’, a Confederación Española de Alzheimer y Otras Demencias (CEAFA), lanzan a Campaña “Concellos Solidarios co Alzheimer”, proxecto ao que o Concello de Monforte está adherido e a través do cal edificios e monumentos de toda España ilumínanse de cor verde co fin de mostrar o compromiso na loita contra esta enfermidade e de aumentar a sensibilización e concienciación da sociedade en relación á mesma. O lema escollido para a campaña deste ano é Somos específic@s.

“a cor verde é un símbolo de esperanza e solidariedade na loita contra o Alzheimer”

Segundo o rexedor monfortino, “a cor verde é un símbolo de esperanza e solidariedade na loita contra o Alzheimer. Ao iluminar o Concello de verde enviaremos unha mensaxe de apoio e solidariedade a todas as persoas afectadas por esta enfermidade, así como aos seus familiares e coidadores. Ademais, promoveremos a concienciación sobre a importancia da investigación, o diagnóstico precoz e o apoio ás persoas afectadas polo Alzheimer”.

A DOENZA DO ALZHEIMER

Esta doenza é unha causa de demencia, a principal, pero non a única. Alois Alzheimer describiuna como unha enfermidade dexenerativa cerebral na que se perden neuronas, prodúcese o acúmulo dunha proteína anormal (amiloide) e mostra lesións características (placas senís e nobelos neurofibrilares).

Ademais dos síntomas relacionados coa perda de capacidade intelectual e funcional, ao longo da evolución da enfermidade aparecen os denominados síntomas condutuais e psicolóxicos da demencia (SCPD).

Existen tres tipos: os trastornos do estado de ánimo (depresión, ansiedade e apatía); a axitación (agresividade, irritabilidade, inquietude, berros e deambular errático); e os síntomas psicóticos (alucinacións visuais, auditivas e delirios). Co tempo, todo iso aboca a unha incapacidade da persoa que padece esta enfermidade.

Estímase que en españa poida haber unhas 4.800.000 persoas que padecen a enfermidade

Segundo datos de Confederación Española do Alzheimer e outras demencias (CEAFA) estímase que padecen a enfermidade unhas 4.800.000 persoas en España. A cifra elévase a máis de 1.200.000 persoas afectadas tendo en conta quen a padece directamente e os seus familiares coidadores.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...