HomeCulturaTaboada acolle este venres a presentación do estudo premiado co XVI Certame...

Taboada acolle este venres a presentación do estudo premiado co XVI Certame de Investigación Condado de Pallares

O acto, que contará coa presenza da autora, Alberta Lorenzo Aspres, celebrarase ás 20.00 horas no Cuartel Vello

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada acolle este venres, 27 de setembro, a presentación do libro “A arquitectura bieita do Condado de Pallares: Os mosteiros femininos desaparecidos” de Alberta Lorenzo Aspres, premiada na XVI edición do Certame de Investigación Condado de Pallares, convocado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. .

Alberta Lorenzo Aspres – doutora en Arquitectura e directora da plataforma virtual Proxecto ARGA: Arquitectura rehabilitadas de Galicia – analiza neste estudo as características arquitectónicas dos desaparecidos mosteiros bieitos femininos do antigo Condado de Pallares: os de San Xoán da Cova e Santao Estevo de Chouzán, en Carballedo; o de Santa María de Xián, en Taboada, o de Santa María de Pesqueiras, en Chantada, o de San Salvador de Portomarín e o de Santa María de Mosteiro, en Guntín.

No limiar da publicación, a investigadora pon en relevo a carencia de estudos monográficos sobre os mosteiros beneditinos femininos, fronte a abundancia de investigacións sobre os masculinos, e sinala a vontade de achega, con esta publicación, “o seu gran de area contra esta invisibilidade de xénero, ademais de colaborar na eliminación das numerosas lagoas que inundan o coñecemento do noso rico patrimonio”.

ÚLTIMAS

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...

Unanimidade do pleno de Folgoso do Courel para destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Este luns acordouse iniciar os trámites co Ministerio do Interior para conseguir o cambio...

Por Chantada propón que o parque das piscinas se chame Mirtha Castiñeiras, que foi 39 anos pediatra no municipio

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

A CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte para impulsar a participación na folga xeral do día 11

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha asemblea aberta en Monforte co obxectivo de...