HomeCulturaO 26 de outubro volven os Cantos de Taberna a Taboada

O 26 de outubro volven os Cantos de Taberna a Taboada

O prazo para inscrición de formacións está aberto ata o 20/10/2024 (ou ata completar o aforo) no 637282099.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Rechouchíos e Os Afogapalletas, dous grupos de música tradicional locais, organizan os IV Cantos de Taberna en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Taboada. O evento será o 26 de outubro, comezará coa xuntanza dos grupos ás 18:00 h. e a partir das 19:00 h. farase o percorrido festeiro que finalmente a organización diseñará unha vez visto o número de grupos. Os participantes terán cea de balde e ao remate haberá unha Foliada.

O cartel da cita, elaborado por Alberto López Furelos membro da Asociación Rechouchíos presentouse coa presenza das dúas agrupacións organizadoras e o Concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Vázquez. A presentación tivo lugar na praza do Cuartel Vello, detrás da Casa da Cultura, onde os grupos imparten as súas aulas e ensaian para que a música tradicional galega chegue a toda a veciñanza e aos cativos da vila.

Lucía López de Rechouchíos confiaba no éxito da celebración, “agardamos que se repita o bo ambiente entre os grupos e a boa acollida dos veciños na edición anterior”. Manuel Diéguez felicita á organización polo traballo levado a cabo e amosa a súa satisfacción co tecido cultural do municipio “xa que é un pracer contar con xente tan comprometida co seu Concello e coa transmisión da cultura musical do país”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...