HomeEconomíaCrowdfunding para reconstruír o aloxamento rural que ardeu o mes pasado en...

Crowdfunding para reconstruír o aloxamento rural que ardeu o mes pasado en Cruz de Outeiro

Lanzan un crowdfunding para TerriñaSalvaxe, un negocio emblemático da Cruz de Outeiro, en Quiroga, que foi devastado por un incendio o 26 de setembro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O incendio que acabou coas instalacións de Terriña Salvaxe deixou unha profunda pegada na comunidade local, onde o aloxamento sostiña non só unha fonte de emprego, senón tamén un espazo de conexión coa natureza e os produtos locais, reflectindo a esencia do rural.

Durante o último ano, Laura e Jeyco dedicaron os seus esforzos para construír un negocio que celebraba a agricultura sostible e promovía a riqueza da súa contorna natural. O incendio é un duro recordatorio da fraxilidade dos soños, pero, a pesar da devastación, a parella non se rende, “Estamos decididos a reconstruír TerriñaSalvaxe e ofrecer novamente un lugar onde a comunidade poida gozar de produtos de calidade”.

Para poder conseguilo, Laura e Jeyco lanzan un chamado á xenerosidade da comunidade e dos seus seguidores. Conscientes de que o camiño cara á recuperación será complicado, destacan que cada pequena achega será fundamental para axudarlles neste proceso de renacemento. A súa intención é recolocar o negocio, restaurar o proxecto e volver ofrecer un espazo para o goce de todos. Ademais, os fundadores de TerriñaSalvaxe fixeron unha énfase especial na importancia de compartir a súa historia. Piden á comunidade que difunda a súa situación en redes sociais e contactos, coa esperanza de que, ao chegar a máis persoas, poidan multiplicarse as oportunidades de recibir o apoio necesario para a súa recuperación.

“A forza dunha comunidade unida pode marcar a diferenza en momentos críticos como este”, Laura e Jeyco expresaron o seu sincero agradecemento polo amor e apoio que recibiron desde o incidente. “Instamos a todos a unirse neste esforzo por rescatar un proxecto que representa moito máis que un simple negocio. En tempos difíciles, o apoio mutuo convértese no mellor motor para a esperanza e a recuperación”, conclúen.

O enlace para colaborar no Crowdfunding: https://www.gofundme.com/f/incendio-en-terrina-salvaxe

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...