HomeComarca de ChantadaTaboadaTerremoto en Taboada de magnitude 3

Terremoto en Taboada de magnitude 3

Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o tremor ocorreu sobre as 08.40 horas desta mañá

Publicado o

- Advertisement -

A localidade lucense de Taboada rexistrou na mañá deste martes un terremoto de magnitude 3 que se deixou notar en varios municipios da zona.

Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o tremor ocorreu sobre as 08.40 horas desta mañá.

Con todo, horas antes, tamén en Taboada se rexistrou outro sismo de magnitude 1,8. Neste caso, foi sobre as 05.42 horas.

O Instituto nacional recomenda á poboación dispor, entre outras cousas, de botiquín de primeiros auxilios e extintor en casa, así como auga embotellada e comida non perecera por se ocorre algunha catástrofe.

Durante un terremoto, pídese calma e cubrirse baixo unha mesa. Se está no exterior, afastarse de edificios.

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...