HomeEconomíaSesión para crear comunidade entre profesionais do sector do comercio en Sarria

Sesión para crear comunidade entre profesionais do sector do comercio en Sarria

O 'Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Sarria'  busca reunir ás persoas comerciantes da contorna nunha sesión o xoves, 10 de outubro. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade de dinamización económica, impulsada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Sarria, desenvolverase de forma participativa na que, tras unha presentación dos asistentes e unha explicación das vantaxes da cooperación, traballarase no deseño e desenvolvemento de proxectos colaborativos entre o tecido comercial de Sarria. 

A xuntanza rematará cun aperitivo que facilitará o networking entre as persoas participantes. 

PROGRAMA

20:00-20:15 h. Presentación do evento.

20:15-20:30 h. Presentación do Polo e os servizos dispoñibles. 

20:30-20:45 h. Presentación das persoas participantes.

20:45-21:20 h. Sesións de traballo de cooperación entre os comercios.

21:20-21:40 h. Posta en común.

21:40-22:00 h. Networking.

A sesión terá lugar na sede do Polo Sarria (rúa Diego Pazos nº 20, Sarria Lugo) e está aberta a calquera persoa comerciante da zona. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...