HomeCulturaO Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación chega este 12...

O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación chega este 12 de outubro a Ribas de Sil

O salón de actos do Concello acolle o 12 de outubro ás 19:00h. a representación da obra "Saíndo do cerco" de Teatro do Miolo, unha comedia para tódolos públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra con autoría e dirección de Guillermo Cancelo ten unha duración de 50 minutos e conta no elenco con Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo. O argumento conta a historia de Suso, un novo residente do centro de maiores, que pensa que por estar na última etapa da vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.

Circuíto de de Teatro Profesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo botou a andar o pasado mes de xuño e neste ano inclúe un total de 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

A deputada de Cultura, Iria Castro, sinala que con este ciclo “a área provincial mantén o apoio á rede de compañías profesionais da provincia, poñendo en marcha unha programación concreta que lles permite rendibilizar o seu traballo creativo, e contribuíndo, no medio prazo, a consolidar un público para o teatro e as artes escénicas en todas as comarcas”.

Neste sentido, remarcou “a importancia de facilitar o acceso a propostas culturais de calidade en todo o territorio, de man de concellos e asociacións que precisan este tipo de colaboracións e iniciativas para ampliar as súas programacións culturais”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...