HomeMedio ambiente e PatrimonioDeputación e Xeoparque Montañas do Courel asinan un convenio de colaboración por...

Deputación e Xeoparque Montañas do Courel asinan un convenio de colaboración por 25.000 €

O acordo asinado polo Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Presidente do Xeoparque Mundial Montañas do Courel, Roberto Castro González, servirá para impulsar diferentes accións encamiñadas a promocionar o territorio e difundir a súa riqueza natural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xeoparque Mundial Montañas do Courel contará cunha achega de 25.000 € que lle chegan tras asinar un acordo de colaboración o seu presidente, Roberto Castro González, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Con esa partida financiaranse accións realizadas para promocionar o territorio e difundir a súa riqueza natural.

“Este territorio é un verdadeiro museo xeolóxico ao aire libre, cunha variedade de formacións, minerais, estruturas tectónicas e formas que o fan unha xoia xeolóxica única na provincia e un destino moi atractivo para expertos e afeccionados á natureza”, destacou o mandatario provincial. Sinalou, ademais, que o acordo axuda ás Montañas do Courel a promocionarse de acordo co modelo de turismo polo que aposta tamén a institución provincial: de proximidade, de experiencias, de calidade e sostible.

José Tomé: “Este territorio é un verdadeiro museo xeolóxico ao aire libre… unha xoia xeolóxica única na provincia…”

Concretamente, o acordo entre a Deputación de Lugo e o Xeoparque Montañas do Courel serviu para colaborar na Semana Europea dos Xeoparques; tamén para organizar a visita de campo das Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía; para a realización de actividades do Outono Xeolóxico; para realizar un estudo espeleolóxico da sima Aradelas; e outro sobre as bolboretas deste territorio.

Xeoparque Montañas do Courel. Foto: Concello de Quiroga.

Este mes de outubro estanse a desenvolver as actividades do Outono Xeolóxico, entre as que destaca a xeoruta desde Os Alvaredos a Os Novais (19 de outubro), dirixidas a todos os públicos e interpretada por especialistas en xeoloxía e arte seguindo o Camiño de Inverno; e outra actividade para coñecer as covas do xeoparque, visitando galerías, salas e pozos na sima Aradelas situada ao norte das Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada obtén as certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

O ICTES, Instituto para a calidade turística española e a sostibilidade vén de conceder...

Transporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un...

Obras na LU-P-4103, en Ferreira de Pantón

A Deputación Provincial de Lugo informa de que ata finais de decembro, a circulación...

‘Castelao’, obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

Culturactiva Produccións presenta este mércores 3 de decembro a obra “Castelao”. Esta actividade está...