HomesociedadeAlcer Lugo visitou Monforte cunha ruta accesible do Coñece a túa provincia

Alcer Lugo visitou Monforte cunha ruta accesible do Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo organizou esta semana unha ruta adaptada para que o colectivo Alcer Lugo puidera participar no programa de viaxes gratuítas da institución provincial Coñece a túa provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

23 usuarios e usuarias de Alcer Lugo que dá apoio aos doentes de ril visitaron Monforte de Lemos e descubriron lugares emblemáticos da Ribeira Sacra como o Pazo de Tor, San Vicente do Pino e o Centro do Viño.

Esta semana viaxaron tamén os membros da asociación Capela Sixtina de Nogueira de Miño, de Chantada, que tras coñecer as instalacións da produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, puxeron rumbo á Mariña para visitar Barreiros e Ribadeo.

E veciñanza de San Juan da Alameda de Chantada viaxou ata Viveiro para coñecer o miradoiro de San Roque e o casco antigo da localidade entre outros recursos turísticos. O colectivo de San Xoán de Laxe, de Chantada, puxo rumbo Cervo para coñecer a fábrica de Sargadelos, o Museo do Mar ou a praia do Torno. Este venres a Asociación Castro de Rei de Lemos de Paradela visita Barreiros e Ribadeo.

O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...