HomesociedadeII Xornadas de recuperación da memoria da la, este 19 de outubro...

II Xornadas de recuperación da memoria da la, este 19 de outubro en Miraz

A actividade está organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, que o domingo, 20 de outubro organiza roteiro adicado ao souto, o terceiro da actividade "Os Camiños dos Sabores", cita que se completará coa degustación de produtos elaborados a partir da castaña de "Delicias do Souto".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza, por segundo ano consecutivo, as Xornadas de recuperación da memoria da la ‘Dándolle unha volta á la. Da ovella onde ti queiras’. As xornadas, coordinadas pola cooperativa Outonía S.Coop, levaranse a cabo na aldea de Miraz o día 19 de outubro e pretenden poñer en valor a memoria inmaterial do territorio a través da recreación do proceso de transformación da
la. A iniciativa conta co financiamento da Área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O encontro, que tivo moi boa acollida na súa primeira edición, pretende consolidarse como un espazo de intercambio de saberes e prácticas, vinculando a memoria das mulleres a un proceso en vías de extinción e pretendendo a súa revalorización. Ademais as xornadas tamén contan cunha perspectiva innovadora por convidar a distintos proxectos profesionais que tratan de reinventar esta praxe dende a contemporaneidade.

Ao longo do día intercalaranse diferentes tipos de actividades. Pola mañá o encontro terá como eixo vertebral un faladoiro coas veciñas tecelás da Serra e un fiadeiro para a recreación do proceso e das técnicas empregadas no territorio, así como a mostra de diversos útiles e creacións feitas por elas. Pola tarde terá lugar un laboratorio de experimentación da man de diferentes proxectos como Miratú e Cuaderna Maestra no que se probarán técnicas como o fiado con roca e o tecido con tear de man. Haberá espazo para unha creación colectiva a través da participación no proxecto Cartografías téxtiles.

O encontro pretende, á súa vez, poñer no centro do debate o rol dos modelos de producción e consumo rurais e a necesidade de desenvolver novas formas de cooperación territorial a través de accións cunha visión cultural, ambiental e sustentable. A inscrición nas xornadas é gratuíta e pode tramitarse a través do teléfono 622834250 (preferiblemente whatsapp) ou no correo electrónico info@outoniacoop.gal

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...