HomePolítica"Un plan obsoleto e sen visión de futuro", asegura Esperta Monforte sobre...

“Un plan obsoleto e sen visión de futuro”, asegura Esperta Monforte sobre o proxecto da Zona D

O grupo municipal de Espertamonforte manifesta o seu profundo desacordo coa recente aprobación, por parte do equipo de goberno, do proxecto de urbanización da Zona D. "Trátase dunha iniciativa que responde a un plan urbanístico de hai máis de 30 anos, desfasado e carente de visión moderna", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte considera que lonxe de abordar os problemas reais que afectan á cidade, como a preocupante situación de vivendas baleiras e en ruínas que se atopan espalladas polo municipio, este proxecto limítase a urbanizar unha zona cuxa proximidade ao conxunto histórico do Colexio dos Escolapios e á explanada de Compañía, así como ao río Cabe, “deberían ser motivos suficientes para repensar o seu enfoque desde o prisma do patrimonio e a protección do medio ambiente”.

En Esperta Monforte aseguran que este tipo de decisións non só non aportan valor engadido a Monforte, senón que ignoran os retos reais aos que se enfronta a cidade. “É urxente apostar por un modelo urbanístico que dinamice o centro, que poña en valor o patrimonio, e que contribúa a solucionar o problema das vivendas baleiras e abandonadas”, consideran.

Asegura Esperta Monforte que a rehabilitación e recuperación da contorna urbana sería un claro beneficio social e económico, “Monforte precisa de proxectos innovadores que miren cara ao futuro e que estean aliñados coas tendencias actuais en materia de sustentabilidade, rexeneración urbana e mellora da calidade de vida dos seus cidadáns. Apostar por plans antigos e obsoletos non nos levará a onde queremos estar como cidade”.

A este respecto desde Esperta Monforte presentan alegacións ao proxecto para a súa paralización como que se derribará o muro de “pedra seca” da horta dos Escolapios, o impacto paisaxístico e visual que supón para a zona ou o gasto de 400.000€, cando non existe un Plan Xeral de Ordenación Municipal que contemple unha visisión armónica da cidade.

Piden recabar de entidades do patrimonio, urbanismo e paisaxismo o seu posicionamento sobre o derrube do muro de pedra seca e que se estude a viabilidade da proposta feita por Antón Patiño, propietario de máis do 80% do espazo a urbanizar. Consideran que a súa solución está en consonancia coa tendencias actuais de urbanismo, ecoloxía e cultura.

Zona D aprobación definitiva

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...