HomesociedadeEste 22 de outubro Chantada recolle voces en lingua galega co Proxecto...

Este 22 de outubro Chantada recolle voces en lingua galega co Proxecto Nós

Todos os participantes que doen as súas voces recibirán un libro e unha libreta de agasallo pola súa aportación. Trátase de ler unhas frases durante 15-20 minutos e contribuirase ao avance da lingua galega nos desenvolvementos dixitais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada colabora co Proxecto Nós, unha iniciativa que pretende que a lingua galega non fique excluída dos novos desenvolvementos dixitais e converter a Galicia en vangarda na elaboración de produtos baseados en Tecnoloxías da Linguaxe.

En Chantada, a recollida de voces farase este 22 de outubro en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, na aula de informática (Aula CEMIT de Chantada), na rúa Ribeira Sacra s/n. As persoas interesadas en colaborar doando as súas voces para o Proxecto Nós poden inscribirse ata o mesmo día 22 de outubro na Casa da Cultura, ben presencialmente ou por teléfono 982 441 752.

Cando o proxecto estea rematado poderase acceder de balde a ferramentas como: sistemas de síntese de voz, de recoñecemento de fala, de xeración automática de texto, de diálogo ou axentes conversacionais, de tradución automática, de extracción de información e minaría de textos, resumidores automáticos ou correctores lingüísticos automáticos.Para conseguir todas as gravacións necesarias en lingua galega o Proxecto Nós, ademais de trasladarse físicamente a concellos, como fai en Chantada, ten a opción de captación de voces online (https://doagalego.nos.gal).

O Proxecto Nós (www.nos.gal) está impulsado pola Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Lingua e AMTEGA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), que conta coa colaboración do goberno central e da Unión Europea a través do PERTE “Nuevas tecnologías de la Lengua” financiado con fondos Next Generation-UE.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...