HomeCulturaValentín García participa en Chantada na primeira doazón de voz infantil do...

Valentín García participa en Chantada na primeira doazón de voz infantil do Proxecto Nós

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, achegouse este martes a Chantada para acompañar á veciñanza na xornada de captación de voces galegas no marco do Proxecto Nós impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que neste caso contou coa colaboración do concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O representante da Xunta, que foi recibido polo alcalde do municipio, Manuel Lorenzo Varela, mostrouse moi satisfeito coa gran participación nesta iniciativa que supuxo ademais, “a primeira experiencia piloto na doazón da cativada, un recurso que enriquece en boa maneira o noso banco de voces, no que buscamos variedade”. Así, agradeceu a colaboración do alumnado do CEIP Plurilingüe Xoán Requeixo, do seu profesorado e das persoas adultas que deron o seu consentimento para a actividade.

Valentín García lembrou que se trata dunha das propostas “máis ambiciosas” do Goberno galego dentro do conxunto de medidas que se veñen desenvolvendo “para que a nosa lingua teña presenza en todos eidos, neste caso nun tan importante como é o dixital, un dos ámbitos nos que facemos fincapé para afianzar o uso do galego sobre todo entre os máis novos”.

Así, o responsable de Lingua da Xunta destacou “a importancia da colaboración da poboación para seguir avanzando na xeración de recursos, co obxectivo de poder interactuar na nosa lingua nas plataformas tecnolóxicas”. Para iso, incidiu, “son esenciais campañas como esta, coa que pretendemos recoller a maior cantidade de horas gravadas en galego, recompilando a fala de distintos lugares e de persoas de diferentes idades, garantindo así que as ferramentas do proxecto funcionen ben”.

Campaña de recollida de voz

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a desenvolver a segunda fase da campaña de recollida de voz cun calendario que chegará ata 16 concellos de diferentes comarcas de Galicia, de maneira que as persoas que o desexen poidan acudir ás aulas CEMIT, presencialmente para facilitar a súa mostra vocal. Ademais, calquera persoa pode facelo telematicamente a través do portal Doa a túa voz.

Valentín García e Manuel Lorenzo Varela Proxecto Nós / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...