HomesociedadeSimposio sobre a loita contra a velutina, o 9 de novembro en...

Simposio sobre a loita contra a velutina, o 9 de novembro en Chantada

A Asociación Galega de Apicultura presentou no Pazo de San Marcos un  simposio sobre a velutina que se celebrará o vindeiro 9 de novembro en Chantada, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro, que inclúe unha decena de charlas ao longo da xornada, centrarase nos métodos actuais de control da velutina desde unha perspectiva científica, abordando os métodos de control e a súa efectividade. Científicos de vangarda na investigación contra este especie invasora a nivel mundial como os italianos Fabricio Zagni e Laura Borttoloti exporán o Method-Z e os proxectos que desenvolve o Centro de Ricerca, Agricoltora e Ambiente (CREA) de Boloña, o francés Gilles Fert, referente no mundo da cría de raíñas, que afronta o problema dende a selección xenética ou José Manuel Fernández, ornitólogo e naturista da Universidad de Alcalá de Henares, que abordará a eficacia do falcón abelleira no loita contra a velutina.

Durante a xornada, representantes de AGA exporán o estado actual da vespa velutina en Galicia e o responsable do Centro de Alerta e Control de Pragas e Especies Invasoras de Asturias, Eloy Alvarez, explicará o operativo de control na comunidade veciña.

Na presentación do simposio, Javier Carreiras Cuadrado, secretario de AGA, explicou que “pretendemos ofrecer unha visión moi ampla do problema, confrontar datos de distintos países e debater acerca das estratexias máis convenientes de cara ao control da praga, abordando o problema de xeito rigoroso e por primeira vez cun claro e marcado compoñente científico polo que agardamos que supoña un golpe na mesa e un punto disruptivo de cara a comezar a dar solucións reais ao problema.”

A vicepresidenta da entidade, Marita Puga, subliñou que “pese a que este ano está a ser máis tranquilo en moitas zonas de Galicia, noutras ,o problema persiste, polo que temos razóns para pensar que os vindeiros non serán tan favorables. Vimos de anos moi difíciles para a apicultura e temos que prepararnos para dar resposta a un problema que, como non consigamos controlar, pode levarse por diante o futuro do noso oficio e porá en serio perigo as especies polinizadoras do nos contexto natural, cos prexuízos consecuenes na produción apícolas e agrícolas”

O vicepresidente, Efrén Castro, encadrou “o apoio a este simposio no traballo que área de Rural ven desenvolvendo, da man da propia AGA e de outras entidades, para incidir na formación e na prevención para tratar de controlar a expansión deste especie invasora, que pesa como unha lousa sobre a apicultura e que afecta tamén a producíons agrícolas e, en xeral,  ao equilibrio do noso ecosistema”

As inscricións para participar no simposio poden realizarse na web www.simposiovelutina.es

Programa

  • 10.00h Inauguración
  • 10.30h A importancia de involucrar á veciñanza e ás entidades municipais na loita contra a velutina. Roi Rigueira
  • 10.45h Desempeño no control da vespa velutina en Galicia: actuación da acción desenvolta e valorización do estado actual da vespa velutina en Galicia no 2024. Luisa Piñeiro (xerente do SEAGA)
  • 11.45h Situación singular e actuación ante a vespa velutina en Galicia, J. María Bello (directivo da AGA) e Joaquín Lozano e Gonzalo Calvo (persoal técnico veterinario de AGA)
  • 12.00h O Method-Z: neutralización de niños de velutina: metodoloxías e test experimentais
  • Laura Borttoloti, investigadora do Centro de Agricultura e Medio Ambiente CREA (anteriormente Instituto Nacional de Apicultura en Boloña)
  • 13:00h O Method-Z: metodoloxía e resultados, Fabrizio Zagni, apicultor experimentado, membro fundador de Stop Velutina Italia, técnico en apicultura da  Asociación Apiliguria e inventor do method-Z
  • 16.00h Operativo de control de Vespa Velutina en Asturias. Eloy Álvarez Ron (responsable do Centro de Alerta e Control de Pragas e Especies Invasoras de Asturias)
  • 17.00h A vespa velutina en Francia Guilles Fert
  • 18.30h O miñato europeo (falcón abelleiro), unha realidade no control da vespa asiática
  • José Manuel Fernández, ornitólogo e naturista, Departamento de Ciencias da Vida da Universidade de Alcalá de Henares
  • 19:45h Clausura e degustación de produtos da Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Castañazo Rock’

A presentación, que tivo lugar hoxe no Auditorio Municipal de Chantada, contou coa presenza...

Xurxo Souto e o colectivo Lagháchema animarán unha nova Foliada na Pobra do Brollón

As Foliadas Guímaras, unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón en colaboración coas...

1.500€ para a contración do alumnado do Obradoiro de Emprego de Monforte

Todas as empresas interesadas en solicitar estas axudas terán ata o 20 de novembro...

Samos “dobra o ritmo de limpeza de pistas” con nova nova maquinaria

A ampliación do parque supón novos vehículos polivalentes con equipamento para realizar diferentes tarefas...