HomePolíticaPor Chantada alerta da construción dun parque eólico entre o Alto de...

Por Chantada alerta da construción dun parque eólico entre o Alto de Ramos e a Vacariza

A agrupación Por Chantada – Interior Galego Vivo asegura acoller con preocupación que o alcalde autorizase a instalación dunha torre de medición anemométrica por parte da empresa Seyal Wind, S.L. perto do lugar de Xedive, mediante Resolución de alcaldía datada a 1 de outubro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran que na parcela catastral 27016A136001060000WE, a devandita empresa ten intención de desenvolver un proxecto eólico “ao amparo dunha desfasada planificación eólica por parte da Xunta que contempla un polígono para o desenvolvemento desta enerxía entre o monte de man común da Vacariza e os montes do Alto de Ramos e A Purreira”.

Por Chantada considera contraditorio darlle tanto bombo á declaración de Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra e ao tempo permitir a instalación de parques eólicos ou desenvolver toda a candidatura de costas aos habitantes reais dos territorios.

Segundo Por Chantada “nada do que produzan estes parques vai redundar positivamente nas familias que habitan o territorio, nin no seu tecido económico. Os estudos feitos en concellos como Muras, o concello galego con máis aeroxeradores instalados, demostraron que a máis parques menos poboación e menos emprego”.

Desde A Purreira / Por Chantada

Lamentan que se autoricen este tipo de actuacións cando a cidadanía descoñece o proxecto e consideran que “se pon en risco o valor paisaxístico que ampara proxectos turísticos e a viabilidade de moitas explotaciós das parroquias de Vilaúxe, Pereira e Santa Uxía de Asma”. En todo o proceso aseguran que “se fai unha fragmentación ilegal que non ten en conta as sinerxias cos parques Serra do Faro I e II, así como cos proxectos Avoceta Wind en Carballedo, cuxa autorización ambiental foi denegada pola propria Xunta o pasado 5 de agosto, e outro proxecto na área de Morgade que tamén leva o apelido Wind… Diferentes empresas-pantallas constituídas co mínimo capital para facer unha operación especulativa de calado e que enriquece a especuladores e carroñeiros internacionais”.

Por Chantada pide á veciñanza que non asinen nada sen consultar as condiciós e a legalidade do contrato cun especialista e ofrecen asesoramento a quen o precise.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...