HomesociedadeRematan os traballos de asfaltado da contorna da Pinguela

Rematan os traballos de asfaltado da contorna da Pinguela

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, supervisou o avandce das obras de mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os edificios de vivendas da zona da Pinguela, e cuxo asfaltado está previsto que remate este martes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte mellorou as vías, aparcadoiros e beirarrúas municipais situadas na contorna do Campo municipal de fútbol, o Pavillón polideportivo, a Piscina municipal e as Pistas de tenis. O proxecto contou cun orzamento de 223.715,10 euros e foi adxudicado á empresa Francisco Gómez y Cia SL por 188.180€ .

O Alcalde monfortino explicou que “a causa da reforma do Pavillón de A Pinguela, fixéronse actuacións sobre o seu entorno, polo que é necesario reordenar as circulacións e as prazas de aparcamento que dan servizo ás instalacións deportivas municipais, así como ós edificios de vivendas existentes na zona.”

Así, os cambios que supoñen este proxecto de mellora son que no lateral-frontal da piscina, suprímese a entrada para reducir a velocidade de acceso e nese espazo situaranse 3 prazas de autobús e 2 prazas de discapacitados, dándolle continuidade á beirarrúa, plantando 3 árbores de sombra e colocaranse bancos.

Con todo búscase unha ordenación do tráfico máis funcionar, cómoda e segura. Haberá 263 prazas para turismos, 8 para discapacitados, 3 para autobuses e outras prazas para motos e bicicletas, cun total de 274 prazas para vehículos.

“A contorna estará así acorde co novo Pavillón polideportivo e coa nova Piscina municipal, dando resposta ós centos de usuarios que se achegan a estas instalacións cos seus vehículos, e que contarán con máis prazas de aparcamento e mellores accesos”, concluíu o alcalde.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...