HomeEconomíaA conselleira de Economía destaca en Vinigalicia a aposta da Xunta polo...

A conselleira de Economía destaca en Vinigalicia a aposta da Xunta polo crecemento e internacionalización das empresas galegas

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou este mércores a aposta da Xunta polo crecemento e a internacionalización das empresas galegas. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións das empresas ViniGalicia e Vía Romana, en Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a visita a conselleira puxo de relevo “o valor que teñen para a economía galega as empresas familiares” coma esta, e que “apostan por seguir crecendo, polo talento e polos investimentos na Comunidade Autónoma”, dixo. Neste sentido, subliñou que “na Xunta temos que apostar por investir nestas empresas e que o financiamento que lle ofrecemos sexa o mellor”, subliñou.

Durante a súa intervención, a conselleira puxo en valor a “potente estratexia de internacionalización que ten o Goberno galego que busca apoiar ás empresas, especialmente ás pemes; e fomentar a súa internacionalización dixital apoiándose en ferramentas innovadoras para acceder aos mercados exteriores a través de novas canles de comercialización”.

Lorenzana visita Vinigalicia / Consellería de Economía

Destacou especialmente o apoio da Xunta ás empresas que forman parte do sector vitivinícola co obxectivo de que estas gañen en competitividade.

Neste marco subliñou a colaboración que mantén o Igape coa Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e coas Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia para o período 2023-2025. Segundo explicou, trátase de “seguir apostando pola marca Galicia e de potenciala en todos os nosos produtos”, dixo.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...