HomePolíticaO BNG de Monforte discrepa “coa idea de urbanismo do Alcalde”

O BNG de Monforte discrepa “coa idea de urbanismo do Alcalde”

Os nacionalistas monfortinos consideran que o proxecto de urbanización da Zona D implica a eliminación de hortas e zonas verdes situadas xunto ao río, para seren substituídas por  rúas asfaltadas, feito que para eles “non é progreso”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concelleiro do BNG, Manuel Luaces, na súa intervención no pleno de outubro a respecto do proxecto de urbanización da Zona D, expresou o total rexeitamento ao mesmo. Entre  os argumentos expresados polo concelleiro nacionalista, destacaba o feito de que, en Monforte, existen múltiples bolsas de chan urbanizables baleiras, e vivendas en estado ruinoso.

Entenden que con esta decisión pódese producir unha depreciación das propiedades e solares situados nos barrios máis afastados do centro, abocando ao seu definitivo abandono, e isto é algo realmente preocupante de cara a un completo e axeitado desenvolvemento urbano municipal”.

Ao longo dese mesmo debate, o alcalde sinalou que a urbanización da Zona D será sinónimo de “progreso” para Monforte, pero o BNG monfortino entende que “o proxecto implica a eliminación de hortas e zonas verdes situadas xunto ao río, para seren substituídas por  rúas asfaltadas”, feito que para eles “non representa progreso ningún ao priorizar o cemento sobre o espazo verde, o vehículo sobre o peón”.

Zona D aprobación definitva

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...