HomeCulturaA Guerra Civil a ollos da infancia, a exposición na Casa da...

A Guerra Civil a ollos da infancia, a exposición na Casa da Cultura de Monforte

A última hora da tarde, deste 4 de novembro, inaugurouse a exposición “¡Y además dibujan!”, composta por debuxos realizados por nenos en nenas durante a Guerra Civil Española.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición contén 48 debuxos feitos por nenos persoa e nenas, arredor da temática da Guerra, a cal estaban a vivir en primeira persoa, nenos e nenas que ou ben foron evacuados cara as colonias escolares de Levante, ou ben foron exiliados á U.R.S.S. De feito o comisario da mostra, Vladimir Merino Barrera, é fillo dunha das nenas que tivo que marchar á U.R.S.S. en 1937.

Neste senso a exposición rende homenaxe a estes nenos e nenas refuxiados de guerra, que sobre sinxelos papeis fixeron os seus debuxos, e tamén homenaxea ós homes e mulleres que tomaron a iniciativa de socorrer a estes nenos e nenas españois que sufriron directamente a guerra e a separación das súas familias.

Durante a inauguración o rexedor monfortino destacou, “Esta exposición debe servir para que nos sensibilicemos e tomemos conciencia da crudeza da guerra e da importancia de vivir en paz. Debemos traballar xuntos para construír un mundo onde os nenos e as nenas poidan soñar e prosperar, lonxe das sombras da guerra. Lembremos: os nenos son o futuro. Non deixemos que a guerra lles roube esa esperanza”.

Este martes, 5 de novembro, por iniciativa do Equipo de Goberno, está previsto que visiten a exposición alumnos e alumnas de 4º da ESO dos centros educativos de Monforte.

A exposición permanecerá aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o 29 de novembro de 2024.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...