HomeComarca de QuirogaQuirogaCelebración do San Martiño en Quiroga

Celebración do San Martiño en Quiroga

Será este luns 11 de novembro, día no que se honra ao seu Patrón e se festexa a festividade local cun gran magosto popular na Praza Maior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga preparado para festexar o San Martiño. Será este luns e seguindo o guión básico que marca a tradición: Misa e Procesión, alborada polas adegas do barrio da Praza Maior e Gran Magosto popular pola noite con fin de festa musical.

Ás 11:00 h. terá lugar a Misa Solemne na honra ao San Martiño, con procesión que estará acompañada da música tradicional do grupo O Recanto.

A continuación terá lugar a Alborada polo Barrio da Praza Maior, epicentro da festividade, que estará amenizada pola formación anterior. Este é un dos grandes momentos do San Martiño quirogués no que a veciñanza abre as portas das súas adegas e saca pinchos que se ofrecen aos músicos e ás persoas que participan do percorrido festeiro. Respírase un gran ambiente e as rúas deste emblemático barrio da vila de Quiroga énchense de vida.

Comezo da Alborada co grupo O Recanto na Praza Maior (arquivo). Foto cedida.

Unha horas máis tarde, e despois do oportuno descanso dos romeiros anteriores, terá lugar o Magosto na Praza Maior como é costume e tradición. A partir das 19:00 h. Castañas e viño novo serán os protagonistas xunto co acompañamento musical do Recanto. A degustación de bullotes e o viño serán de balde para todos os asistentes.

Celebración do Magosto do ‘San Martiño’ na Praza Maior de Quiroga (arquivo). Foto cedida.

A partir das 20:00 h. o acompañamento musical e fin de festa correrán a cargo de DJ Míchel.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...