HomesociedadeO Saviñao organiza un acto solidario cos damnificados pola DANA

O Saviñao organiza un acto solidario cos damnificados pola DANA

Será o vindeiro 29 de novembro no Auditorio de Escairón a partir das 20:45 h. Haberá unha actuación solidaria dos Tarabelos do Saviñao e do Grupo Gin Toni's ao tempo que se recollerán alimentos, roupa e axudas económicas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o Concello do Saviñao fan un chamamento á solidariedade de toda a veciñanza e de toda a xente dos arredores para colaborar cos damnificados e damnificadas pola DANA na comunidade valenciana.

Con esta intención están organizando un evento solidario no que se poderá gozar de actuacións musicais e facer doazóns de alimentos non perecedoiros, roupa e vestimenta. Tamén haberá unha urna económica onde a xente pode depositar cartos para a causa.

EVENTO SOLIDARIO

Os Tarabelos de Escairon e a banda Gin Toni’s ofrecerán unha actuación solidaria no Auditorio de Escairón o venres 29 de novembro, a partir das 20:45 h. A entrada ao acto será de balde e convidarase a colaborar mediante doazóns na urna económica, así como con roupa ou alimentos non perecedoiros.

O Concello do Saviñao encargarase da xestión, transporte e fará tamén unha achega económica correspondente á recadación total das doazóns realizadas por persoas, empresas, asociacións e doutros concellos que desexen sumarse a esta causa.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...